Red Arrows
Red Arrows | |
---|---|
Activa | 1965 - presente |
País | Reino Unido |
Rama | Royal Air Force |
Papel | equipo de exhibición acrobática |
Alcume(s) | The Reds |
Aeronaves utilizadas | |
BAE Hawk T1A |
O Red Arrows (frechas vermellas), oficialmente coñecido como o Royal Air Force Aerobatic Team, é o equipo de exhibición de acrobacias aéreas da Royal Air Force (RAF) baseado en RAF Waddington.[1] O equipo formouse a finais de 1964, substituíndo a un número de equipos non oficiais que foran patrocinados polos comandos da RAF.
O Red Arrows ocupan un lugar destacado na cultura popular británica, sendo as súas exhibicións acrobáticas un elemento dos eventos británicos do verán.[2] O distintivo dos Red Arrows mostra ao equipo na súa característica formación en diamante con nove avións, co lema Éclat, unha palabra francesa que significa "brillo" ou "excelencia".
Inicialmente estiveron equipados con sete adestradores Folland Gnat heredados do equipo de exhibición Yellowjacks da RAF. Escolleuse este avión porque era menos custoso de operar que os cazas de primeira liña. Na súa primeira tempada realizaron 65 actuacións por toda Europa. En 1966, o equipo aumentou a nove membros, o que lles permitiu desenvolver a súa formación Diamond Nine. A finais de 1979, cambiaron ao adestrador BAE Hawk. En 2018 os Red Arrows levaban realizadas máis de 4 800 presentacións en 57 países do mundo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RAF Red Arrows move to new Lincolnshire home". Royal Air Force. Consultado o 28 de abril de 2024.
- ↑ "Why everyone loves the Red Arrows" (en inglés). 2004-07-20. Consultado o 2024-04-29.
- ↑ "RAF Red Arrows - About us". web.archive.org. 2017-07-03. Archived from the original on 03 de xullo de 2017. Consultado o 2024-04-29.