Rebeca Montero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1967 (57 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Rebeca Montero Martínez, nada en Ourense o 10 de abril de 1967,[1] é unha actriz galega de teatro e televisión, malia que fixo pequenas incursións no mundo do cine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou no teatro aficcionado no ano 1985 coa obra Ollo ao piollo King Kong do grupo Caritel. Posteriormente trasladouse a Madrid onde cursou estudos na Real Academia de Arte Dramática. Colaborou nalgúns episodios da primeira tempada de Mareas vivas, así coma, de forma máis continuada, n' A vida por diante (no papel de Lourdes) e en Matalobos (como Lola).
En cine destaca a súa participación en películas coma Blanca Madison, Ipso Facto ou León e Olvido.
O 25 de marzo de 2009 recibiu o premio María Casares á actriz secundaria pola obra A boa persona de Shezuan. Premio que recibiría no 2010 polo seu papel na obra O segredo dos Hoffman.
En 2011 resultou finalista da audiencia na V edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, por Carne de cañón.
Carreira
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- O enfermo imaxinario (1986)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
- Luz negra (1992)
- A fiestra baldeira (1994)
- Contos de Alntraia: Tornabón (1995)
- El rey del río (1995)
- Blanca Madison (1998)
- Nena (1999)
- Ipso Facto (2003)
- León e Olvido (2004)
- Todo é silencio (2012; como Amparo)
Televisión
[editar | editar a fonte]- Mareas vivas (1998)
- A vida por diante (2006-2007)
- Matalobos (2009)
- Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011)
- O faro (2013)
Teatro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rebeca Montero". IMDb (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 315.