Real Sociedad Española de Química
Aparencia
A Real Sociedad Española de Química (RSEQ) é unha sociedade científica española adicada ó desenvolvemento e divulgación da química, tanto no seu aspecto de ciencia pura como no das súas aplicacións. Ten a súa orixe en 1980 trala escisión da Real Sociedad Española de Física y Química que á súa vez foi fundada en 1903.
A finalidade da RSEQ é "facilitar o avance e a mellora da actividade científica, docente, investigadora e profesional nos eidos das ciencias químicas e a enxeñaría química".[1]
A RSEQ é membro de EuCheMS (European Association for Chemical and Molecular Sciences) unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1970, que promove a cooperación entre sociedades científicas e técnicas europeas no eido da química.[2]
Presidentes da RSEQ
[editar | editar a fonte]- 1980-84: Joaquín Hernáez Marín
- 1985-88: Francisco Fariña Pérez
- 1989-92: Eldiberto Fernández Álvarez
- 1993-96: Juan Antonio Rodríguez Renuncio
- 1997-01: Carlos Pico Marín
- 2001-06: Luís A. Oro Giral
- 2006-12: Nazario Martín León
- 2012- : Jesús Jiménez Barbero
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bienvenida a la Real Sociedad Española de Química.". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2017.
- ↑ About EuCheMS. European Association for Chemical and Molecular Sciences.