Reṣeba
Reṣeba | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Reṣeba |
Director | Hussein Hassan |
Produtor | Mehmet Aktaş |
Guión | Mehmet Aktaş Hussein Hassan |
Intérpretes | Rekesh Shabaz Diman Zandi |
Música | Mustafa Biber |
Fotografía | Touraj Aslani |
Montaxe | Ebrahim Saeedi |
Estudio | mîtosfilm |
Estrea | Festival de Duhok |
Duración | 92 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Reṣeba (en árabe: العاصفة السوداء) é un filme iraquí de 2016 dirixido e coescrito polo director kurdo Hussein Hassan. Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Duhok en setembro de 2016 e no Festival Internacional de Cinema de Busan o 15 de outubro de 2016.[2][3][4][5] Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[6][7]
Durante a súa proxección no Festival Internacional de Cinema de Duhok, o filme foi recibido con rabia por algúns membros do público xa que tocaba feridas aínda abertas. Antes do final do filme, a multitude marchou molesta, crendo que a protagonista feminina Pero (que foi capturada e vendida polo Estado Islámico e logo violada) era asasinada no filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha moza parella iézidi loita por sobrevivir durante a toma de Sinjar por parte do Estado Islámico e o masacre posterior.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rekesh Shabaz como Reko
- Diman Zandi como Pero
- Maryam Boobani
- Adil Abdulrahman
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jay Weissberg (27 de decembro de 2016). "Film Review: ‘The Dark Wind’". Variety. Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Neurink, Judit (10 de setembro de 2016). "Despite controversial opening film Duhok kicks off major festival". Rudaw Media Network. Consultado o 2016-10-14.
- ↑ "Yezidis react angrily to film set during genocide". Rudaw Media Network. 9 de setembro de 2016. Consultado o 2016-10-14.
- ↑ "The Dark Wind". Festival Internacional de Cinema de Duhok. 9 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2017. Consultado o 2016-10-14.
- ↑ Kerr, Elizabeth (13 de outubro de 2016). "The Dark Wind: Film Review - Busan 2016". The Hollywood Reporter. Consultado o 2016-10-14.
- ↑ "Iraq".[Ligazón morta]
- ↑ Pond, Steve (24 de agosto de 2017). "‘The Square,’ ‘In the Fade’ Top First Batch of Oscar Foreign Language Contenders". The Wrap. Consultado o 25 de agosto de 2017.