Ramón Villar Ulloa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1828 Lalín, España |
Morte | 4 de abril de 1913 (84 anos) Lalín, España |
Lugar de sepultura | mosteiro de Santa María de Oseira |
Alcalde de Lalín | |
1857 – 1857 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Ramón María Villar Ulloa, nado en Lalín o 5 de maio de 1828 e finado o 4 de abril de 1913, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Villar e Manuela Ulloa Pimentel, era sobriño e foi o herdeiro de José Ulloa Pimentel. Estudou xurisprudencia e dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1842-1854). Foi alcalde de Lalín (1857), deputado provincial e foi elixido deputado a Cortes en 1867. Foi padriño de Ramón María Aller Ulloa. Despois da Desamortización comprou algunhas posesións do Mosteiro de Oseira, onde viviu e foi soterrado.