Saltar ao contido

Ramón Parada Justel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Parada Justel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor en Wikidata
Esgos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1902 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX863755 BUSC: parada-justel-ramon-1871-1902

Ramón Parada Justel, nado en Esgos o 11 de marzo de 1871 e finado en Ourense o 13 de maio de 1902, foi un pintor galego, pertencente á chamada Xeración Doente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Instituto da capital provincial entre 1883 e 1888, para ingresar a continuación na Real Academia de San Fernando en Madrid, co número un. O proveito nos estudos artísticos fixo que a Deputación ourensá o pensionase en Roma, cidade á que chegou en 1894. Regresou a Ourense, con estancias en Esgos, dedicándose á pintura paisaxística, vida campesiña e costumes, ademais de pintura histórica e relixiosa dentro das correntes da época. Diversos organismos provinciais, como a Deputación ou o Goberno Civil adquiren obras súas. Regresou a Madrid en 1897. A enfermidade comezouno a minar en 1901, falecendo ao ano seguinte. A súa irmá doou algunhas das súas obras ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Estilisticamente Parada Justel sitúase no modernismo, aínda que nalgunhas obras paisaxísticas acusa influencias do impresionismo. Foi discípulo de José Garabal Louzao (en Galicia) e de Ferrán (en Madrid)[1].

A súa morte de tuberculose no 1902 con tan só 31 anos de idade, fixo que máis tarde Barreiro e Felipe Bello Piñeiro o encadrasen dentro da xeración Doente.

Obra (selección)

[editar | editar a fonte]
  • Escrava romana.
  • Outra Elena pompeiana.
  • O soño de Ezequiel.
  • Entrada de Carlos V en Roma.
  • Pescador de troitas.
  • Outono no monte.
  • Outono na ribeira.
  • Retrato de Jenaro Carrero.
  • Martirio de Santa Eufemia.
  • A pega, ou La urraca(1899).
  • Zapateiro lembrando certas frases do mitin.
  • A familia do anarquista no día da execución (1899).
  • Retrato de Serafín Temes (1901).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. José María Moar (1-9-1926). "Ramón Parada Fustel (sic)". El Compostelano (en castelán) (Santiago de Compostela). p. 2. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2019. Consultado o 23-05-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]