Saltar ao contido

Quintilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaQuintilo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Aurelius Claudius Quintillus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento212 Editar o valor en Wikidata
Sirmia Editar o valor en Wikidata
Morte270 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Aquileia, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
xaneiro de 270 – 270
← Claudio II o GóticoAureliano → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Fillosvalor descoñecido, valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsClaudio II o Gótico
Crispus
Claudia Constantina Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Claudius-4

Quintilo (en latín, Marcus Aurelius Claudius Quintillus),[1] finado en abril do 270 foi un emperador romano durante uns poucos meses no 270. Era irmán de Claudio II o Gótico. Hai poucos datos sobre a súa vida, non coñecéndose nin a data de nacemento, nin a data exacta da súa morte, nin tampouco o nome da súa esposa ou dos seus fillos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Quintilo naceu en Sirmium en Panonia Inferior. Orixinario dunha familia baixa, Quintilo tomou protagonismo coa adhesión do seu irmán Claudio Gótico ao trono imperial en 268. Quintilo foi nomeado procurador de Sardeña durante o reinado do seu irmán.[2]

Na Historia Augusta, tamén se indica que Claudio e Quintilo tiñan outro irmán chamado Crispus e, a través del, unha sobriña, Claudia, que casou con Eutropio e foi nai de Constancio Cloro. Porén, algúns historiadores sospeitan que este relato é unha fabricación xenealóxica para halagar a Constantino I.[3]

Reinado de Quintilo

[editar | editar a fonte]
Ruínas do Palacio Imperial en Sirmium, hoxe en Sremska Mitrovica

Despois de subir ao trono, dirixiuse directamente a Aquilea, que utilizou como base para as forzas defensivas do norte de Italia. En Roma, temíase o ataque do Imperio Galo, que se separara do territorio controlado por Roma e que, nese momento, estaba gobernado por Vitorino. Non obstante, houbo outro factor que foi decisivo no desenvolvemento posterior. Aureliano, antigo colaborador de Claudio e igualmente aspirante ao trono, estaba destinado como comandante das tropas nas provincias dos Balcáns e tivo que enfrontarse a repetidas invasións por parte de tribos xermanas que intentaban cruzar o Danubio. Despois dunha importante vitoria, foi proclamado emperador polas súas tropas de Panonia[4] e partiu para apoderarse do trono de Quintilo.

Este, cometeu o erro de permanecer en Aquilea en vez de marchar a Roma onde tiña máis apoio, mesmo, cando soubo que Aureliano estaba preto de Aquilea. Despois de notar que as súas tropas eran moi inferiores aos agresores e para evitar unha guerra civil suicidouse abrindo as veas.[5] Segundo os historiadores antigos, estivo no poder durante un curto período de tempo, con estimacións que varían entre os 17 días e os seis meses.[6] Os seus dous fillos sobreviviron a Quintilo.[7]

Os rexistros romanos sobreviventes consideraban a Quintilo un emperador moderado e capaz.[8] Foi visto como un defensor do Senado e así foi comparado cos anteriores emperadores Galba e Pertinax. Os tres foron moi apreciados polas fontes senatoriais a pesar do seu fracaso para sobrevivir un ano completo de reinado.[3]

Discusión historiográfica

[editar | editar a fonte]

Os poucos rexistros do reinado de Quintilo son contraditorios. Os historiadores antigos non están de acordo sobre a duración do seu reinado, que segundo varios informes durou tan só 17 días[1] e segundo outros, ata 177 días (uns seis meses).[6] Eutropio informa que Quintilo foi proclamado emperador, no 270, polos soldados do seu irmán trala morte deste por mor dunha epidemia de peste[8] e, posteriormente, foi elixido polo Senado. En troques, Zonarás relata que foi elixido directamente polo propio Senado. Non obstante, os rexistros coinciden en que as lexións que seguiran a Claudio na campaña ao longo do Danubio descoñecían ou desaprobaban a elevación de Quintilo. Pola contra, elevaron ao seu actual líder Aureliano como emperador.[4]

Os rexistros tampouco están de acordo sobre a causa da súa morte. Na Historia Augusta relátase que foi asasinado polos seus propios soldados en reacción á súa estrita disciplina militar.[9] Xoán de Antioquía e Zonarás denunciaron que Quintilo impuxera unha dura disciplina aos seus soldados o que propiciou que estes comezasen a desertar e ao ver que carecía de partidarios suicidouse abríndose as veas e desangrándose;[5] Xoán de Antioquía coincide coa versión do suicidio e engade que fora asistido por un médico. Segundo Xerome de Estridión, morreu nun enfrontamento con Aureliano;[10] Claudio Salmasio sinalou que Dexipo rexistrou a morte sen indicar as causas. Non obstante, todos os rexistros coinciden en colocar a morte en Aquilea.

  1. 1,0 1,1 Jones, p. 759.
  2. Canduci (2010), p. 92.
  3. 3,0 3,1 Banchich, www.roman-emperors.org/quintil.htm
  4. 4,0 4,1 Gibbon, 1888 & Ch. 11.
  5. 5,0 5,1 Zonaras, 12:26
  6. 6,0 6,1 Southern, (2001), p. 110.
  7. Historia Augusta, Claudius, 13:9
  8. 8,0 8,1 Eutropio, IX:12
  9. Historia Augusta, Claudius, 12:6
  10. Xerome de Estridón, Annales, 271

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Fontes primarias

[editar | editar a fonte]

Fontes secundarias

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Claudio II
Emperador romano
270
Sucesor:
Aureliano