Pseudofungi
Pseudofungi | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Grupos | |||||||||
Sinonimia | |||||||||
Heterokontimycotina |
Pseudofungi é un grupo de heterocontos non-fotosintetizadores,[2][3], e que tamén se coñece como o grupo Heterokontimycotina.[4] Está composto por Oomycota e Hyphochytridiomycetes.[4]
O seu xeito de medrar, a partir de hifas, e o seu modo de nutrición osmotrófico fan que semellen aos fungos (sensu stricto), mais non están relacionados con estes. Multitude de probas bioquímicas, estruturais e de características xenéticas proban esta separación dos dous grupos.[4]
Orixe evolutiva
[editar | editar a fonte]Postúlase que os pseudofungos proceden de algas cromistas heterocontas unicelares que perderon os seus plastidios. Non se atopou proba desa perda de plastidios, mais si da existencia de plastidios de algas vermellas endosinbiónticas.[5]
Logo, a partir dun proto-pseudofungo unicelular heterotrofo, probablemente un parasito de cogomelos, terían adquirido xenes de fungos grazas á transferencia xénica horizontal. Iso deu lugar a un desenvolvemento dunha converxencia da multicelularidade fúnxica,[6] e explicaría porqué a parede celular está ás veces formada por quitina e celulosa
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os oomicetos estiveran sendo clasificados como fungos ata que as revisións sitemáticas da década de 1970 comezaron a cuestionar a súa relación cos fungos. Comezouse argumentando que non pertencían ao reino dos fungos[7][8] resaltando que estes estaban relacionados coas xantofíceas e chamóuselles "fungos algais"[9]. A esa nova división déuselle ou ben o rango de subdivisión Pseudofungi do filo dos Heterokonta e reino Protista [10] ou como Heterokontimycotina do reino Heterokonta[11]. Clasificacións posteriores subiron os Heterokonta á posición de infrareino para definir este grupo de heterotrofos autotróficos[12], e que de novo se dividiu en dous filos: Bigyra e Pseudofungi.[3]
As relacións entre os grupos de pseudofungos son:
Pseudofungi |
| ||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Prog. Phycol. Res. 4: 341, 1986.
- ↑ Riisberg I, Orr RJ, Kluge R, et al. (Maio de 2009). "Seven gene phylogeny of heterokonts". Protist 160 (2): 191–204. PMID 19213601. doi:10.1016/j.protis.2008.11.004.
- ↑ 3,0 3,1 Cavalier-Smith T, Chao EE (Abril de 2006). "Phylogeny and megasystematics of phagotrophic heterokonts (kingdom Chromista)". J. Mol. Evol. 62 (4): 388–420. PMID 16557340. doi:10.1007/s00239-004-0353-8.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Van der Auwera G, De Baere R, Van de Peer Y, De Rijk P, Van den Broeck I, De Wachter R (Xullo de 1995). "The phylogeny of the Hyphochytriomycota as deduced from ribosomal RNA sequences of Hyphochytrium catenoides". Mol. Biol. Evol. 12 (4): 671–8. PMID 7659021.
- ↑ Richards, Thomas A; Talbot, Nicholas J (2007). "Plant Parasitic Oomycetes Such as Phytophthora Species Contain Genes Derived from Three Eukaryotic Lineages". Plant Signaling & Behavior 2 (2): 112–114. ISSN 1559-2316. PMID 19704752. Consultado o 2017-04-03.
- ↑ Richards, Thomas A.; Dacks, Joel B.; Jenkinson, Joanna M.; Thornton, Christopher R.; Talbot, Nicholas J. "Evolution of Filamentous Plant Pathogens: Gene Exchange across Eukaryotic Kingdoms". Current Biology 16 (18): 1857–1864. ISSN 0960-9822. doi:10.1016/j.cub.2006.07.052.
- ↑ Kreisel (1969). Grundzuge eines naturlichem systems der pilze. In: Hawksworth, D.L., Sutton, B. C. & Ainsworth , G. C. (1983). Ainsworth & Bibys’s Dictionary of the fungi. Sétima Edición. Commonwealth My cological Institute. Kew, Surrey.
- ↑ Shaffer, R.L. (1975). The major groups of Basidiomycetes. Mycologia 67:1-18.
- ↑ Sparrow, F. K. 1976. The present status of classification in biflagellate fungi. pp. 213-222 in Recent Advances in Aquatic Mycology. E. B. Gareth Jones, ed.; Halsted Press of John Wiley & Sons, NY.
- ↑ Cavalier Smith, 1986, 1987
- ↑ Dick, M.W. 1976. The ecology of aquatic phycomycetes. Pp. 213-542 Elek Science, London.
- ↑ Cavalier-Smith, T. 1986. The kingdom Chromista. Pp. 309-347 Vol 4. Biopress, Bristol.