Primeira División de Venezuela
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Federación Venezolana de Fútbol (pt) |
Liga inferior | Campeonato Venezuelano de Futebol da Segunda Divisão (pt) |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
País | Venezuela |
Vixencia | 1957 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ligafutve.org |
O Primeira División de Venezuela é a competición de máximo nivel da liga profesional de fútbol que se disputa en Venezuela, organizada pola Federación Venezolana de Fútbol. Recibe o nome de Primeira División de Venezuela - Copa Movilnet por mor do seu patrocinador principal.
Aínda que existía un campionato nacional afeccionado en Venezuela dende 1921, o actual campionato profesional naceu en 1957. Nos seus comezos foi un torneo de rivalidade entre as distintas comunidades de inmigrantes, representadas por clubs como Club Deportivo Portugués, Club Deportivo Español, Deportivo Vasco, Deportivo Italia, Catalonia, Deportivo Galicia, Unión Deportiva Canarias ou Deportivo Celta. A partir dos anos 60 participaron equipos de fóra de Caracas, sendo o Lara Fútbol Club o primeiro en acadar o título de campión en 1965.
Malia non ser un torneo poderoso dentro da Conmebol, o nivel dos seus clubs ten medrado dende comezos dos anos 90. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Caracas Fútbol Club (11 títulos) e o Deportivo Táchira (7 títulos), seguidos de varios clubs con 5 e 4 títulos. O primeiro campión foi o Universidad Central, mentres que o campión actual é o Deportivo Táchira.
Na actualidade 18 equipos disputan 2 torneos, Apertura e Clausura. O torneo Apertura dispútase na segunda metade do ano, mentres que o torneo Clausura dispútase na primeira metade do seguinte ano. Os dous gañadores disputan unha final ó remate da tempada para definir cal é o campión nacional.
Equipos 2012
[editar | editar a fonte]Os seguintes 18 equipos disputaron o torneo Apertura 2011 e competirán polo torneo Clausura 2012 e polo título de campión en 2012:
Palmarés
[editar | editar a fonte]O palmarés da liga está dominado polo Caracas FC e polo Deportivo Táchira FC, gañadores de 11 dos últimos 12 títulos. É salientable a cantidade de clubs campións que teñen desaparecido:
Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
11 | Caracas Fútbol Club | 1991/92, 1993/94, 1994/95, 1996/97, 2000/01, 2002/03, 2003/04, 2005/06, 2006/07, 2008/09, 2009/10 |
7 | Deportivo Táchira Fútbol Club | 1979, 1981, 1984, 1986, 1999/00, 2007/08, 2010/11 |
5 | Deportivo Petare (antigo Deportivo Italia) | 1961, 1963, 1966 , 1972, 1998/99 |
5 | Portuguesa Fútbol Club | 1973, 1975, 1976, 1977, 1978 |
4 | Galicia de Aragua† (antigo Deportivo Galicia) | 1964, 1969, 1970, 1974 |
4 | Club Deportivo Portugués† | 1958, 1960, 1962, 1967 |
4 | Club Sport Marítimo de Venezuela | 1986/87, 1987/88, 1989/90, 1992/1993 |
2 | Estudiantes de Mérida Fútbol Club | 1980, 1985 |
2 | Universidad de Los Andes Fútbol Club | 1983, 1990/91 |
1 | Minervén Bolívar Fútbol Club† | 1995/96 |
1 | Unión Atlético Maracaibo | 2004/05 |
1 | Club Deportivo Español† | 1959 |
1 | Carabobo Fútbol Club | 1971 |
1 | Club Deportivo Mineros de Guayana | 1988/89 |
1 | Universidad Central de Venezuela Fútbol Club | 1957 |
1 | Atlético Zulia Fútbol Club† | 1997/98 |
1 | Lara Fútbol Club | 1965 |
1 | Unión Deportiva Canarias† | 1968 |
1 | Club Atlético San Cristóbal† | 1982 |
1 | Club Nacional Táchira† | 2001/02 |
† = Equipo desaparecido.