Prima donna
No ámbito da ópera, prima donna é o termo en italiano que se usa para designar á primeira cantante, muller que desempeña os papeis principais e que xeralmente é soprano. O correspondente termo para o principal masculino é o de primo uomo, normalmente tenor.
Historicamente as prime donne foron motivo de certas rivalidades entre as persoas afeccionadas á ópera, dividíndose en "clubs" contrarios que apoiaban a unha cantante sobre outras. Exemplos hainos desde os inicios da ópera. Un dos primeiros casos foi o que se deu no século XVIII entre Faustina Bordoni e Francesca Cuzzoni, dúas cantantes que en Londres disputaron a primacía por riba mesmo dos castrati e que nunha ocasión chegaron a enfrontarse a golpes no transcurso dunha representación en presenza da princesa de Gales.
No século XIX foi famoso o enfrontamento en París entre María Malibrán e Henriette Sontag culminou cando a última casou cun membro da nobreza e retirouse na súa plenitude vocal.
Unha das máximas divas en todos os sentidos foi Adelina Patti que chegou a cobrar por cada nota que cantaba, amasando unha fortuna inmensa.
No século XX unha das rivalidades máis famosas, foi a que houbo entre os admiradores de Maria Callas e os de Renata Tebaldi, que nos anos 50's e 60's encheu portadas de revistas e xornais e que culminou cun encontro entre as dúas cantantes en 1968 no que se reconciliaron.
Outra rivalidade entre sopranos foi a ocorrida entre Lotte Lehmann e Maria Jeritza en Viena antes da segunda guerra mundial.
Anteriormente Lillian Nordica mantivo unha seria rivalidade coa afamada soprano australiana Nellie Melba.
O ridículo mundo das rivalidades entre divas está ironizado no filme E la nave va de Federico Fellini.
Debido ás súas posibles connotacións pexorativas, caprichosas, temperamentais e demandantes, o termo prima donna e Diva caeu en desuso para referirse ás cantantes de ópera e música popular na actualidade e só se usa en contadas ocasións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- H. Rosenthal, H. e J. Warrack, The Concise Oxford Dictionary of Opera, 2nd Edition, Oxford University Press, 1979. p. 398. ISBN 0-19-311321-X
- Susan Rutherford, The Prima Donna and Opera, 1815-1930, Cambridge University Press, 2006. ISBN 0-521-85167-X
- George Jellinek, Calas: Portrait of a Prima Donna, Dover, 1986, p. 96 and passim. ISBN 0-486-25047-4
- Rupert Christiansen, Prima Donna: A History, Viking, 1985. ISBN 0-670-80482-7
- Lanfranco Rasponi. The Last Prima Donnas. Nova York, Knopf, 1982. ISBN 0879100400