Presidente de Somalia
Aparencia
Despois de novembro de 1991, Somalia non tivo ningún goberno que fose recoñecido por todo o pobo. Despois de que Mohamed Siad Barre fora deposto, Ali Mahdi Muhammad asumiu o poder, mas non foi recoñecido en todo o país. O 15 de xuño 1995 foi sucedido polo "señor da guerra" Mohamed Farrah Aidid que gobernou como presidente ata a súa morte o 1 de agosto de 1996. O seu fillo, Hussein Aidid gobernou ata o 22 de decembro de 1997.
En 2022 o presidente de Somalia recoñecido internacionalmente é Hassan Sheikh Mohamud, que goberna dende o 23 de maio de 2022.