Saltar ao contido

Presidente da República Democrática do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blasón da República Democrática do Congo.

O Presidente da República Democrática do Congo' (francés: Président de la République Démocratique du Congo, suahili: Rais wa Jamhuri ya Kidemokrasia ya Kongo, Lingala: Mokonzi wa Republíki ya Kongó Demokratíki), é elixido xefe de estado e comandante supremo (comandante en xefe) das forzas armadas da República Democrática do Congo (FARDC).

O cargo de presidente da República Democrática do Congo existe desde a primeira Constitución, coñecida como Lei Fundamental de 1960. Non obstante, os poderes deste cargo foron variando ao longo dos anos: un papel compartido limitado no executivo, cun primeiro ministro, o unha verdadeira ditadura. Segundo a actual Constitución, o presidente existe como a institución máis alta dunha República semipresidencial.

Requisitos

[editar | editar a fonte]

O Artigo 72 da Constitución congolesa establece que o presidente debe ser un cidadán natural da República Democrática do Congo e ter polo menos 30 anos de idade. Ademais, o presidente debe estar libre de restricións legais aos seus dereitos civís e políticos.

O artigo 10 da mesma Constitución establece que o presidente non pode formar parte de ningunha tribo.

República do Congo (1960–1971)
# Retrato Nome
(Nacemento-morte)
Elección Período de goberno Partido
Comezo Final
1 Joseph Kasa-Vubu
(1910–1969)
1960 1 de xullo de 1960 24 de novembro de 1965[1] ABAKO
2 Joseph-Désiré Mobutu
(1930–1997)
1970 24 de novembro de 1965 27 de outubro de 1971 militar/
Mouvement Populaire de la Révolution
República de Zaire (1971–1997)
(2) Mobutu Sese Seko
(1930–1997)
[2]
1977
1984
27 de outubro de 1971 16 de maio de 1997[3] Mouvement Populaire de la Révolution
República Democrática do Congo (1997 ata o presente)
3 Laurent-Désiré Kabila
(1939–2001)
17 de maio de 1997 16 de xaneiro de 2001
(mortigita)
Independente
4 Joseph Kabila
(n. 1971)
2006
2011
26 de xaneiro de 2001
provisional dende o 17 de xaneiro de 2001
24 de xaneiro de 2019 Independente /
Parti du Peuple pour la Reconstruction et la Démocratie
5 Félix Tshisekedi
(n. 1963)
2018 24 de xaneiro de 2019 presente Union pour la Démocratie et le Progrès Social

Nomes de partidos

[editar | editar a fonte]
  • ABAKO - Alliance des Bakongo
  • MNC - Mouvement National Congolais
  • MPR - Mouvement Populaire de la Revolution
  • AFDL - Alliance des Forces Démocratiques pour la Libération du Congo-Zaïre
  • PPRD - Parti du Peuple pour la Reconstruction et la Démocratie
  • UDPS - Union pour la Démocratie et le Progrès Social

Observacións

[editar | editar a fonte]
  1. deposto por golpe de estado en 1965.
  2. Anteriormente Joseph-Désiré Mobutu; mudou o seu nome o 10 de xaneiro de 1972
  3. deposto durante a primeira guerra civil do Congo