Porto de Avilés
O porto de Avilés é un porto situado nas dúas beiras da ría de Avilés, en Asturias. Está bañado polo mar Cantábrico e consta de varios peiraos para o atraque de barcos de diferente calado, entre os que caben destacar a Dársena de San Agustín, o Peirao de Raíces e a Dársena de San Juan de Nieva por ser os máis amplos.
A cantidade de mercancías que se cargan aquí crece ano tras ano, pero son de especial interese as enormes cantidades de aluminio para a fábrica de Alcoa (antiga Inespal), de aceiro e chatarra para a factoría de Arcelor Mittal e de zinc para a fábrica Asturiana de Zinc, pertencente a Xstrata, que desembarcan aquí cada ano. Ademais trátase do porto pesqueiro máis importante de toda a rexión, superando ao Musel de Xixón en capturas descargadas.
Así mesmo, a Autoridade Portuaria de Avilés tamén controla os usos do porto deportivo de Avilés, que se atopa anexo á dársena pesqueira, máis concretamente na parte máis próxima ao Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer.