Popol Vuh
Aparencia
O Popol Vuh ou tamén Popol Wuj,[1] é unha narrativa cultural que relata a mitoloxía e a historia dos maias kʼicheʼ que habitaron e aínda habitan nas terras altas de Guatemala. Popol Vuh é unha narrativa precolombiana do período post-clásico, entre os anos 1000 e 1500, escrita en lingua kʼicheʼ clásica. Porén, o texto escrito, é produto do período colonial español. O título tradúcese como "Libro da Comunidade", "Libro do Consello", ou máis literalmente "Libro do Pobo".[2] O Popol-Vuh conta, do punto de vista dos maias, a orixe do mundo, e particularmente os principios do pobo kʼicheʼ, un dos pobos antigos localizado no centro do actual Guatemala. É notable que este libro sacro ten similitudes coa Biblia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Popol Vuh |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en castelán) El Popol Vuh.