Ponta Delgada
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Rexión Autónoma | Azores | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 68.809 (2011) (295,33 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 232,99 km² | |||
Altitude | 0 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1450 (Gregoriano) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9504 | |||
Prefixo telefónico | 296 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-pontadelgada.pt |
Ponta Delgada é unha cidade portuguesa, capital da Rexión Autónoma dos Azores, cuxa poboación no ano 2011 era de 68.809 habitantes. A cidade atópase no suroeste da Illa de São Miguel, a máis grande e habitada das 9 illas principais do arquipélago.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1449 como unha vila de pescadores, en 1546 foi declarada capital das illas polo rei Xoán III O Piadoso. En 1582 tivo lugar fronte á súa costa a batalla naval de San Miguel no marco da crise de sucesión portuguesa. No século XIX a súa economía medrou por mor das exportacións de froita ó Reino Unido. Ponta Delgada foi bombardeada durante a primeira guerra mundial por submarinos alemáns, e logo da guerra acolleu unha base naval dos Estados Unidos.
Economía e turismo
[editar | editar a fonte]Nos últimos anos a economía local tanto da cidade como da illa céntrase na agricultura e no turismo. En 2008 a cidade modernizouse coa construción dunha nova terminal para cruceiros turísticos chamada "Portas do Mar", que inclúe un novo porto deportivo, un paseo marítimo, tendas, restaurantes, un pavillón multiúsos, un anfiteatro, piscinas etc. A cidade conta tamén cun centro comercial. No tocante á arquitectura tradicional, na cidade salientan o Convento da Nosa Señora da Esperanza, a Sinagoga de Ponta Delgada, as Portas da Cidade, o Forte de São Brás (que acolle un importante museo militar), o Museo Carlos Machado e o Teatro Micaelense.
Educación
[editar | editar a fonte]En 1976 fundouse a Universidade dos Açores, que conta cuns 4000 estudantes. Nela impártense carreiras de bioloxía, enfermaría, economía, educación, historia, filosofía, matemáticas, ciencias sociais, literatura, lingua, tecnoloxía e xeoloxía.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]A principal porta de entrada e saída da cidade e da illa é o Aeroporto Xoán Paulo II, inaugurado en 1969, cunha pista de aterraxe de 2525 metros, que empregan cada ano uns 750.000 viaxeiros. O número de pasaxeiros desta terminal aérea convértena no 5º aeroporto mais importante de Portugal, tralo Aeroporto da Portela (Lisboa), o Aeroporto de Sá Carneiro (Porto), o Aeroporto de Faro e o Aeroporto de Madeira.
Deportes
[editar | editar a fonte]O Clube Desportivo Santa Clara é o equipo de fútbol mais salientable da cidade. Chegou a disputar 3 edicións da Primeira Liga, e durante a tempada 2011-12 milita na Liga de Honra. Viste de vermello, e xoga os seus encontros como local no Estádio de São Miguel, que ten capacidade para acoller a máis de 15.000 seareiros. Neste equipo comezou a súa carreira Pedro Pauleta, o máximo goleador histórico da selección portuguesa, que é natural da cidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponta Delgada |