Policlínico Cíes
Aparencia
Policlínico Cíes | |
---|---|
Policlínico Cíes no 2010 | |
Coordenadas | 42°13′41″N 8°43′04″O / 42.22805556, -8.71777778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015[1].
Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador[2]. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.
É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blasco, A. (27 de novembro de 2015). "El Policlínico Cíes cierra su puerta a los pacientes". Faro de Vigo. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ C., M. (3 de xullo de 2006). "Un gran edificio de siete plantas sin utilizar un solo ángulo recto". 20 minutos. Consultado o 23 de marzo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Policlínico Cíes |