Saltar ao contido

Pobo sidama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo sidama
Rapaces sidama.
Poboación
Poboación total:
c  3,8 millóns
Rexións principais:
Etiopía Etiopía3,8 millóns (censo de 2007)[1]
Aspectos culturais
LinguaLingua sidamo
RelixiónMaioría cristiá protestante
Grupos
relacionados
AfarAgawAmháricoBejaBeta IsraelBilenGurageJebertiSahoSomalíTigré • e outros pobos semíticos e cuxitas[2]

Os sidama (en ge'ez: ሲዳማ) son un grupo étnico cuxita que habita tradicionalmente a zona Sidama da Rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur (SNNPR) en Etiopía. Falan a lingua sidamo, que é unha lingua da póla cuxita das linguas afroasiáticas. Malia o seu gran número, non contan cun estado rexional étnico separado.[3]

Os sidama mantiveron a súa herdanza cultural, incluíndo lingua e relixión tradicional até finais da década de 1880, durante a conquista do emperador Menelik II.[4] Antes diso, os sidama tiñan o seu propio sistema administrativo ben estabelecido que databa cando menos do século IX, aínda que estaba composta por unha coalición de reinos de sidama. Eses reinos estendíanse até a rexión Gibe. Como resultado da marxinación e a que a lingua non ten o seu propio alfabeto, moi pouco se ten escrito sobre os sidama. Ningún sidama puido asistir ó colexio até despois de que Derg chegou ó poder en 1975.

  1. "Census 2007" Arquivado 04 de xuño de 2012 en Wayback Machine., first draft, Table 5.
  2. Joireman, Sandra F. (1997). Institutional Change in the Horn of Africa: The Allocation of Property Rights and Implications for Development. Universal-Publishers. p. 1. ISBN 1581120001. 
  3. Allen, Lovaise. BRILL, ed. The Politics of Ethnicity in Ethiopia. p. 154. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  4. S. Y. Hameso, Trevor Trueman, Temesgen M. Erena 1997