Saltar ao contido

PlayStation (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo fala sobre a serie de videoconsolas de Sony; para o artigo sobre a primeira consola da serie, vexa o artigo PlayStation.
Logo da PlayStation.

PlayStation é unha serie de consolas de videoxogos. A primeira versión foi concibida e lanzada no mercado por Sony en 3 de decembro de 1994 no Xapón e en 9 de setembro de 1995 nos Estados Unidos. Extremadamente popular, é tido como o grande responsable pola popularización dos xogos en CD. Dende o seu lanzamento ata o ano de 2004, estimase que todas as versións desta consola teñan vendido máis de 170 millóns de unidades en todo o mundo.

A orixe da PlayStation remonta a 1990, cando a Nintendo planeaba unha expansión para a súa entón actual consola, a Super Nintendo. Após a desistencia da Nintendo do proxecto, a Sony deu continuidade ó mesmo e divulgou o entón o proxecto do seu videoxogo propietario en 1993. A Nintendo tentou medidas xudiciais para impedir o lanzamento e a fabricación, pero perdeu en varias instancias nos Estados Unidos e o Xapón.

Versións

[editar | editar a fonte]

PlayStation posúe un deseño típico para a súa época, unha "caixa" cinza composta dunha unidade lectora de CDROM e conexións para mandos de control e tarxetas de memoria. O consola pasou por unha re-estilización en 2000, ficou menor e con liñas arredondadas sendo chamado de PSone e actualmente comercializado.

Actualmente fabricado na súa segunda versión, o PlayStation 2 foi lanzado en 2001 coa promesa de revolucionar o ambiente doméstico, pois posúe a capacidade de reproducir filmes en DVD e competir cos modernos xogos de computadores 3D. A segunda versión tamén pasou por unha reestilización no final de 2004, sendo 60% menor e chamado de PStwo.

Lanzado en 2005, o PSP - PlayStation Portable é a versión portátil do PlayStation. É tamén pensada para un público adulto, e pode reproducir filmes, visualizar imaxes de cámaras dixitais, reproducir música no formato MP3, alén de, é claro, rodar xogos de alta calidade en calquera lugar con axuda dunha batería recargable.

É esperado para 2006 o PlayStation 3 é a próxima versión da serie de consola fabricadas pola Sony con recursos como gravación de DVD, TV e un disco ríxido.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

PlayStation, PSone

[editar | editar a fonte]
  • CPU: 3000A (R3051) 32bit RISC rodando a 33.8 MHz
  • GPU 3D: embutida na CPU, capaz de facer 1.5 millón de polígonos por segundo e mapear 500 mil polígonos texturizados.
  • GPU 2D: separada da CPU nun chip propio. Capaz de xerar ata 16.7 millóns de cores, con resolución en ata 640x480.
  • Son: pode tocar fontes en PCn con 24 canais e calidade de CD (44.1 Khz. Soporta o formado MIDI.
  • Memoria: 2 megabytes de RAM, 1 megabyte de RAM dedicada a vídeo.
  • CDROM: 2x, reproduce CDs de son.
  • Multixogador: permite que ata 8 xogadores xoguen simultaneamente con xoysticks e multitaps.

PSP PlayStation Portable

[editar | editar a fonte]
  • Tela LCD: 16:9, resolución de 480x722 con 16.7 millóns de cores.
  • Dimensións/Peso: 170x74x23 milímetros, 260 gramas.
  • CPU: 32bit MIPS R4000 rodando a 333 Mhz.
  • GPU: 166 Mhz, capaz de xerar 32 millóns de polígonos renderizados por segundo.
  • Memoria: 32 megabytes de RAM e 4 megabytes de DRAM dedicada a vídeo.
  • Son: 44 Khz, 16 bits, estéreo, dous canais (calidade de CD).
  • Media: xogos e filmes son gravados nun mini-disco UMD. Soporta os cartóns de memoria MemoryStick da Sony de ata 512 megabytes.
  • Conectividade: pode ser conectado a un PC vía USB e usar o cartón de memoria como drive virtual. Nesa

conexión pódese transferir para o aparello fotos, músicas e filmes.

  • Multipxogador: Soporta conexións WiFi para xogos online sen fío.
  • Multimedios: pode reproducir música no formato MP3, WMA e ATRAC, ver fotos de cámaras dixitais en formato XPEG e reproducir filmes no formato AVI, MPEG (Divx e VCD), podendo transferir eses filmes, músicas e fotos do PC para a aparello.
  • Batería: autonomía de 4 a 6 horas, dependendo da aplicación, recarga total en 4 horas.

Periféricos e accesorios

[editar | editar a fonte]

EyeToy, Karaoke e Internet

[editar | editar a fonte]
O EyeToy.

EyeToy é un accesorio innovador e interesante lanzado para PlayStation 2, consiste nunha cámara que filma os movementos do xogador e o coloca na tea. Facendo movementos o xogador interaxe con obxectos na tela como se estivese dentro do xogo. Hai xogos de actividades diversas no EyeToy como brincadeiras con obxectos, musicais e ata xogos onde o xogador participa dunha acción de fato. O PlayStation 2 tamén pode ser transformado nun aparello de Karaoke coa axuda dun micrófono ligado no aparello usando xogos como Karaoke Revolution, que xa ten 3 volumes. Tamén é posible xogar online por Internet co auxilio dun módem. O xogador precisa ter unha conexión de banda larga e comprar o módem opcional (o PStwo xa posúe módem integrado). hai unha selecta gama de xogos para se xogar online inluindo un aplicativo de videoconferencia que utiliza a cámara EyeToy.

Tarxeta de memoria

[editar | editar a fonte]
A tarxetas de memoria do PS1 e PS2

A tarxeta de memoria é un periférico moi importante para un xogador de Playstation. Sen ela, non se pode gravar os xogos, e tense que empezar de nova cada vez que xogas. As tarxetas de PS1 teñen 128 KB de espazo, mentres as tarxetas de PS2 teñen 8 MB de espazo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • PlayStation® Páxina web oficial
  • FaseOculta Revista online galega sobre videoxogos. Con novas, trucos, guías, avances, análises, videos, demos, parches, opinións etc. pra PlaySation 2, PlayStation 3 e PSP, entre outras...