Saltar ao contido

Pinus monticola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Área de distribución natural

Pinus monticola é unha especie arbórea da familia das pináceas, e da súa única subfamilia pinoideas, unha das numerosísimas do xénero Pinus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1832 por David Douglas ex D. Don.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para o xénero ver Pinus.

O epíteto específico, monticola, en latín "dos montes", alude a que a especie é propia das rexións montañosas.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Pinus grozelierii Carrière
  • Pinus monticola Douglas
  • Pinus monticola f. porphyrocarpa (A.MurrayBis) P.Landry
  • Pinus monticola var. digitata Lemmon
  • Pinus monticola var. minima Lemmon
  • Pinus monticola var. porphyrocarpa (A.MurrayBis) Mast.
  • Pinus porphyrocarpa A.Murray bis
  • Pinus strobus subsp. monticola (Douglas ex D.Don) E.Murray
  • Pinus strobus var. monticola (Douglas ex D.Don) Nutt.
  • Strobus monticola (Douglas ex D.Don) Rydb.

Características

[editar | editar a fonte]

Pinus monticola é unha grande árbore, que crece habitualmente até os 30-50 m de altura e, excepcionalmente, ató os 70 m. É un membro do grupo dos chamados piñeiros brancos (os do xénero Pinus, subxénero Strobus), e, como en todos os membros deste grupo, as follas (acículas) están reunidas en fascículos (ramos) de cinco, cunha vaíña caduca. As acículas están finamente serradas, e miden 5-13 cm de longo. Os conos ou estróbilos son longos e delgados, de 12-32 cm de longo e 3-4 cm de largo, abríndose a 5-8 cm de largo; as escamas son delgadas e flexíbeis. As sementes son pequenas, de 4-7 mm de longo, e teñen unha á delgada e longa, de 15-22 mm.

Está relacionado con Pinus strobus, do que se diferenza en que ten os conos máis grandes, con acículas que duran lixeramente máis (2–3 anos, contra os 1,5–2 anos) con bandas estomatais máis prominentes, e un hábito máis denso e estreito. As pólas nacen en acios regulares, producidos a razón de unha ao ano.

Cultivase como unha árbore ornamental, pero foi talado amplamente en gran parte da súa área de distribución n pasado.

  1. Farjon, A. (2013): Pinus monticola na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 30 de novembro de 2021.
  2. Pinus monticola Douglas ex D.Don no IPNI.
  3. Pinus monticola Douglas ex D.Don no GBIF.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]