Pinocchio (personaxe)
Aparencia

Pinocchio é o personaxe principal e un dos protagonistas do libro As aventuras de Pinocchio, escrita por Carlo Collodi (seudónimo de Carlo Lorenzini) en 1881.
Pinocchio é unha marioneta de madeira que Geppetto crea e que cobra vida inesperadamente. Ó final convértese nun neno de verdade.
Adaptacións cinematográficas
[editar | editar a fonte]

Pinocho tivo diversas adaptacións no cinema, sendo a máis sonada o filme de animación realizado pola Disney en 1940. Antes, porén, xa se realizara unha outra adaptación, o filme italiano de 1936 Le avventure di Pinocchio, que non se finalizou xamais e que é considerado un filme perdido do que só fican uns cantos fotogramas.
- Le avventure di Pinocchio (1936)
- Pinocchio (1940), realizado pola Disney
- Le avventure di Pinocchio (1947)
- Un burattino di nome Pinocchio (1972)
- Le avventure di Pinocchio (1972)
- Pinocchio and the Emperor of the Night (1987)
- The Adventures of Pinocchio (1996)
- The New Adventures of Pinocchio (1999)
- Pinocchio (2002) de Roberto Benigni
- Pinocchio 3000 (2004)
- Bentornato Pinocchio (2007)
- Pinocchio (2012)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinocchio |