Piers Gaveston
Nome orixinal | (fr) Pierre Gaveston |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1284 (Gregoriano) Gascuña, Francia |
Morte | 19 de xuño de 1312 (27/28 anos) Warwickshire, Reino Unido (en) |
Causa da morte | homicidio, decapitación |
Lord Tenente de Irlanda | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Margaret de Clare (1307 (Gregoriano)–) |
Fillos | Amy de Gaveston |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Piers Gaveston, nado arredor do 1284 e finado o 19 de xuño de 1312, foi un nobre inglés de orixe gascoa, conde de Cornualla e favorito do rei Eduardo II de Inglaterra.
Relación con Eduardo II
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Eduardo II de Inglaterra.
Sendo aínda moi novo causou boa impresión no rei Eduardo I de Inglaterra, e foi asignado á casa persoal do seu fillo, Eduardo de Caernarfon.[1] A relación entre o príncipe e Gaveston resultou tan extravagante que Eduardo I tivo que enviar a este último ao exilio,[2] aínda que puido regresar aos poucos meses trala morte do rei. Eduardo II restaurou o título de conde de Cornualla para Gaveston e arranxou o matrimonio deste coa a súa sobriña, Margaret de Clare, irmá do poderoso conde de Gloucester.
O acceso exclusivo de Gaveston ao rei supoñía unha provocación para varios membros da nobreza e, en 1307 o rei foi forzado a envialo de novo ao exilio. Durante a súa ausencia, Gaveston exerceu como Lugartenente do rei en Irlanda. Eduardo conseguiu chegar a un acordo coa oposición e Gaveston puido regresar o ano seguinte. Tralo seu regreso o seu comportamento pasou a ser máis ofensivo e levou a que nas Ordenanzas de 1311 os nobres acordaran exilialo de novo, declarándoo proscrito se regresaba ao país. Cando regresou en 1312, foi capturado e executado por un grupo de magnates dirixidos por Thomas de Lancaster e Guy de Beauchamp, conde de Warwick.
Segundo os cronistas medievais Eduardo II e Piers Gaveston mantiveron unha relación amorosa. Este rumor foi reforzado nas representacións de ambos na ficción, como por exemplo na obra do século XVI de Christopher Marlowe Edward II. A afirmación recibiu o apoio de varios historiadores modernos, mentres que algúns a cuestionan.[3][4][a] Segundo Pierre Chaplais, a relación entre ambos homes foi a dunha irmandade adoptiva, na que Gaveston servía como valido do rei. Outros historiadores, como J. S. Hamilton, suxeriron que a preocupación pola sexualidade dos dous homes, non estaba no centro das queixas da nobreza, senón que se entraban máis no acceso exclusivo de Gaveston ao padroado real.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John Boswell foi o que puxo o principal argumento en favor da teoría de que Eduardo e Gaveston eran amantes. Jeffrey Hamilton suxeriu que a relación era sexual, pero que non era pública. O historiador Michael Prestwich decántase pola teoría de que Eduardo e Gaveston chegaron a un pacto de irmandade, pero cun "elemento sexual" tanto neste caso coma na relación de Eduardo con Despenser. Roy Haines se fai eco dos xuízos de Prestwich. Miri Rubin defende a teoría de que eran amigos, cunha "relación moi intensa". Seymour Phillips cre na teoría de que Eduardo vira a Gaveston como o seu irmán adoptivo.[5][6][7][8][9][10]
- ↑ Phillips 2011, pp. 96–97.
- ↑ Phillips 2011, pp. 112; 120–121.
- ↑ Ormrod 2006, p. 22.
- ↑ Haines 2003, pp. 20–21.
- ↑ Prestwich 2003, p. 72.
- ↑ Haines 2003, p. 374.
- ↑ Rubin 2006, p. 31.
- ↑ Phillips 2011, p. 102.
- ↑ Ormrod 2006, p. 23.
- ↑ Hamilton 2010, pp. 98–99.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Haines, Roy Martin (2003). King Edward II: His Life, his Reign and its Aftermath, 1284–1330. Montreal, Canada and Kingston, Canada: McGill-Queen's University Press. ISBN 978-0-7735-3157-4.
- Hamilton, J. S. (2010). The Plantagenets: History of a Dynasty. London, UK: Continuum. ISBN 978-1-4411-5712-6.
- Phillips, Seymour (2011). Edward II. New Haven, US and London, UK: Yale University Press. ISBN 978-0-300-17802-9.
- Prestwich, Michael (2003). The Three Edwards: War and State in England, 1272–1377 (2nd ed.). London, UK and New York, US: Routledge. ISBN 978-0-415-30309-5.
- Ormrod, W. Mark (2006). "The Sexualities of Edward II". En Dodd, Gwilym; Musson, Anthony. The Reign of Edward II: New Perspectives. Woodbridge, UK: York Medieval Press. pp. 22–47. ISBN 978-1-903153-19-2.
- Rubin, Miri (2006). The Hollow Crown: A History of Britain in the Late Middle Ages. London, UK: Penguin. ISBN 978-0-14-014825-1.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |