Saltar ao contido

Pierre Bourdieu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre Bourdieu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Pierre Félix Bourdieu Editar o valor en Wikidata
1 de agosto de 1930 Editar o valor en Wikidata
Denguin (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
12.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 28 Editar o valor en Wikidata
Presidente Association de réflexion sur les enseignements supérieurs et la recherche (en) Traducir
1992 – 2002 – Daniel Roche (pt) Traducir →
Director Centre de sociologie européenne (en) Traducir
1985 – 1998 – Rémi Lenoir (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAltermundismo e Marxismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure (1951–)
Liceo Louis-le-Grand (1948–)
Lycée Louis-Barthou (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseGeorges Canguilhem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1981–2001)
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir (1975–)
Facultade de Artes de París (1960–)
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir
Universidade de París
Universidad de Lille 1 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosBéatrice Nodé-Langlois (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoPascale Casanova, Jean-Louis Fabiani (pt) Traducir, Marcel Fournier, Anne-Marié Waser, Sandrine Garcia (pt) Traducir, Gisèle Sapiro e Nathalie Heinich (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarie-Claire Bourdieu Editar o valor en Wikidata
FillosJérôme Bourdieu, Laurent Bourdieu, Emmanuel Bourdieu Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Bourdieu, Pierre, 1930-2002,
Gender Glossar (pt) Traducir >>>:Pierre Bourdieu, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0099804 Allocine: 20619
BNE: XX1723493 Dialnet: 18471 Musicbrainz: 96f4e198-b860-4698-a528-78e78b852d80 Find a Grave: 11496086 Editar o valor en Wikidata

Pierre Bourdieu nado en Denguin (na rexión de Aquitania) o 1 de agosto de 1930 e finado en París o 23 de xaneiro de 2002, foi un sociólogo francés, referencia intelectual da esquerda política europea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía en París e exerceu a docencia en Moullins, Alxeria, París e Lille. Realizou estudos sobre o estudantado, a fotografía, a pedagoxía e a comunicación.

Foi profesor da Ecole Normale Superieure e foi director da Escola Práctica de Altos Estudos e catedrático de socioloxía do College de France e da Escola Superior de Ciencias Sociais. Foi director da revista Actes de la Recherche en Sciencies Sociales. Tivo varios doutorados honoris causa.

Continuou con investigacións e estudos sobre a violencia simbólica, a reprodución da clase dominante, a socioloxía da cultura e os estilos de vida.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Bourdieu foi un crítico da globalización, o neoliberalismo, as novas formas de explotación capitalista e a xenofobia. Denunciou o tratamento da política por parte dos medios de difusión de masas que consideraba superficial e sometido á necesidade de divertir antes que de concienciar. Combateu a tendencia neoliberal a flexibilizar os mercados de traballo facendo retroceder conquistas sociais co fin de outorgar confianza aos investidores. Tentou desmantelar as xustificacións teóricas dos privilexiados. Condenou a debilidade dos Estados fronte aos ataques especulativos dos poderes financeiros.

A Bourdieu débenselle conceptos en socioloxía como habitus e campo en tanto que elementos obxectivos de socialización interiorizados e o contido novo doutros como capital e poder que abranguen conceptos como prestixio, pundonor e recoñecemento social. Segundo Bourdieu, todos buscan un interese particular pero isto non é un proceso racional senón en gran medida inconsciente.