Saltar ao contido

Pico de Orizaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPico de Orizaba
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deSete cumes vulcânicos (pt) Traducir
Seven Third Summits (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaPuebla, México e Estado de Veracruz, México Editar o valor en Wikidata
Mapa
 19°02′N 97°16′O / 19.03, -97.27
CordilleiraEixo Neovulcânico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude5.636 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica4.922 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico2.690 km Editar o valor en Wikidata
Material usadoAndesita Editar o valor en Wikidata

O volcán Pico de Orizaba, tamén denominado Citlaltépetl, localízase en México e é a montaña máis alta deste país, a terceira de América do Norte e o terceiro volcán máis alto no hemisferio Occidental. Localízase no extremo oriental do complexo montañoso de Eje, na fronteira entre os estados de Veracruz e Puebla. Actualmente encóntrase dormente, mais non está extinto, tendo ocorrido as últimas erupcións en 1687 e anteriormente en 1630, 1613, 1569, 1566, 1545 e 1537.

A cidade de Orizaba encóntrase no pé deste volcán. Próxima ao Pico de Orizaba fica a Sierra Negra. Este volcán foi importante para as culturas dos Azteca e Totonaca. O pico e os terreos circundantes son parte dun parque nacional. É posíbel subir até ao cumio do pico, xa que existen camiños de aproximación e escalada.