Saltar ao contido

Petro Kryk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPetro Kryk

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Kobylnica Wołoska, Polonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Bispo titular
20 de novembro de 2000 –
Diocese: Castra Martis (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2001–), sacerdote católico (1971–), diácono (1971–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónJan Martyniak Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Facebook: petrokryk Editar o valor en Wikidata

Petro Kryk (en ucraíno: Петро Крик), nado o 24 de abril de 1945 en Kobylnica Wołoska (hoxe no voivodato de Subcarpacia, Polonia) é un eclesiástico greco-católico ucraíno, exarca apostólico de Alemaña e Escandinavia dende 2000 até 2021.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Hryhoriy e Anna Kryk, naceu o 25 de abril de 1945, mais durante a Operación Vístula de 1947 a súa familia foi reasentada forzosamente aos territorios recuperados do norte de Polonia. Logo de rematar os seus estudos, entrou no Seminario Teolóxico Hosianum de Olsztyn, tendo que interromper os seus estudos teolóxicos entre 1965 e 1967 para facer o servizo militar, e posteriormente continuounos no Seminario Teolóxico Metropolitano de Varsovia.

Foi ordenado diácono o 27 de xuño de 1971 e sacerdote o 6 de agosto seguinte. Logo de exercer o seu ministerio pastoral durante 20 anos entre os greco-católicos ucraínos, en 1996 foi nomeado protosyncellus da eparquía de Wrocław-Gdańsk.

O 20 de novembro de 2000 foi nomeado bispo titular de Castra Martis e exarca apostólico de Alemaña e Escandinavia, recibindo a consagración episcopal o 3 de febreiro de mans do metropolita de Przemyśl-Varsovia Jan Martyniak.