Saltar ao contido

Panxab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPanxab
ਪੰਜਾਬ (pa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Epónimocinco e río Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 31°N 74°L / 31, 74
Xeografía
Superficie355.591 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Beás (pt) Traducir, Rio Chenab (pt) Traducir, Rio Jhelum (pt) Traducir, Rio Ravi (pt) Traducir e Rio Sutlej (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Aornos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX455877

O Panxab,[1] ás veces Punjab,[2] Punxab,[3] Penjab, Panjâb ou Pendjab, é un amplo territorio habitado tradicionalmente polo pobo panxabí, repartido desde 1947 entre a India e o Paquistán e que abrangue a rexión de Panxab e partes do Territorio da Capital Islamabad e de Azad Caxemira en Paquistán e o estado de Panxab, Chandigarh e partes de Haryana, Himachal Pradesh e Jammu na India.[4][5][6]

Panjâb significa «(país dos) cinco ríos» (do persa Panj "cinco", a mesma raíz que se observa no grego penta + ab "agua"), que son: o Beas, o Chenab, o Jhelum, o Ravi e máis o río Sutlej. Os cinco ríos, agora divididos entre a India e o Paquistán, únense para formar o Panjnad, que se une ao Indo.

Desta rexión asiática procede o pobo xitano.

Val do río Sutlej ca. 1857.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A maior parte do Panxab é unha chaira aluvial, que no norte está delimitada por cadeas montañosas. A pesar do seu clima predominantemente seco, é unha rica zona agrícola, mercé as obras de irrigación que posúe, feitas posíbeis grazas aos ríos que a atravesan. As temperaturas do territorio son extremadas ao longo do territorio e oscilan entre -20 °C e 40 °C, pero nos meses do verán poden alcanzarse os 47 °C.

Poboación

[editar | editar a fonte]

En total Paquistán habitan uns 70 millóns de Panxabis, maioritarimante musulmáns, e na India viven uns 39 millóns, maioritariamente sikhs e hinduístas.

O Templo de Ouro en Amritsar
  1. González González, Manuel (ed.). "Panxabí". Tergal. Consultado o 31/12/2024. 
  2. "Entrada punjabi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  3. "Punxab". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1719. 
  4. The Times Atlas of the World, Concise Edition. Londres: Times Books. 1995. p. 36. ISBN 0 7230 0718 7. 
  5. Grewal, J S (2004). Historical Geography of the Punjab (PDF). Punjab Research Group, Volume 11, No 1. Journal of Punjab Studies. pp. 4, 7, 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2012. 
  6. Pritam Singh and Shinder S. Thandi, ed. (1996). Globalisation and the region: explorations in Punjabi identity. Coventry Association for Punjab Studies, Coventry University. p. 361. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]