Saltar ao contido

Pantalla LED

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pantalla LED.

Unha pantalla LED é un tipo de pantalla LCD, aínda que se diferencia desta en que, no caso da pantalla LED, a iluminación recibida da parte traseira obtense a través de dispositivos LED, en troques das lámpadas fluorescentes das pantallas LCD.

A tecnoloxía deste tipo de pantallas baséase na utilización dunha substancia líquida atrapada entre dúas placas de vidro, de xeito que, cando se aplica unha corrente eléctrica a determinada zona, esta vólvese opaca e contrasta coa iluminación traseira.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

As siglas LED (light emiting diode) significan díodo emisor de luz, estes LEDs distribúense en paneis ou módulos compostos de varios LEDs RGB (do inglés red, green, blue, as tres cores primarias, vermello, verde e azul)dispostos en forma de matriz para conformar o píxel có que se poden formar diferentes tipos de imaxes, desde simple caracteres, textos e incluso vídeos.

Os datos da imaxe envíanse desde un ordenador a través do porto de vídeo ós circuítos da pantalla LED que albergan un microprocesador que determina á posición exacta de cada píxel. Unha pantalla LED conta con dúas placas de vidro, unha delas iluminada desde atrás pólos dispositivos LED, isto proporciona o brillo á pantalla.

Cando se determina a que píxel se lle quere dar cor excítase unha das tres substancias que contén cada cédula facendo que adopten unha das tres cores básicas. A corrente que chega a cada píxel determina a saturación para cada cor, facéndose así posible reproducir unha gama de máis de 16 millóns de cores. Este proceso repítese cada vez que cambian as imaxes na pantalla.

Dentro da tecnoloxía LED podemos atopar dous sistemas:

  • Edge LED: que coloca ós lados da pantalla os paneis LED e guía a luz mediante placas, logrando un espesor de pantalla mínimo.
  • Retroalimentación LED: que ten os paneis LED na parte traseira da pantalla e guía a luz por medio de grupos, obtendo maior definición de cor e mellores contrastes.
  • Ampla variedade de tamaños
  • Non reflicten a luz do ambiente.
  • Vénse ben desde distintas angulacións.
  • Larga vida dos díodos.
  • Aforro enerxético.
  • Mellor visualización: debida ó uso da chamada tecnoloxía estática, na que a pantalla non se actualiza, senón que permanece quieta ata que recibe a orde da computadora de cambiar de cor, deste xeito o ollo humano traballa menos e non se cansa a vista.
  • Maior resolución: Un píxel é cada un dos puntos de cor da pantalla, a resolución é a cantidade máxima de píxeles que se poden despregar na pantalla.
  • Numerosos extras: Capacidade para 3D, soporte Wi-Fi, entradas USB...
  • Múltiples usos: Televisores domésticos, pantallas xigantes (móntanse por módulos ou gabinetes) sinalización vial, indicadores numéricos, información publicitaria de grande impacto...

Conexións

[editar | editar a fonte]

Normalmente as pantallas LED contan cun conector de tres patas para a alimentación, conectores VGA de 15 pines, DVI, RCA e HDMI para a transmisión de datos e os básicos Jack 3.5 e RCA para o son.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

http://www.youtube.com/watch?v=k0n59SBw2TU