Panglao, Bohol
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Visayas Centrais (pt) | ||||
Provincia | Bohol | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.839 (2020) (833,63 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 8.694 (2020) | ||||
Lingua usada | Boholano dialect (en) Lingua cebuana lingua tagala | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47,79 km² | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1803 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6340 | ||||
Prefixo telefónico | 38 | ||||
Sitio web | panglaolgu.gov.ph |
Panglao, oficialmente Municipality of Panglao (en inglés), Munisipalidad sa Panglao (en cebuano), Bayan ng Panglao (en tagalo), é unha municipalidade de 4ª clase da provincia de Bohol, en Filipinas.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Panglao pode provir do nome que tiña antes da chegada dos españois, Panglawod, que significa "ao mar aberto",[1] ou talvez derive da palabra panggaw, en referencia a unha arte de pesca utilizada polos lugareños.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un dos dous municipios en que se divide a illa de Panglao (o outro é Dauis), e é coñecido polas súas praias para practicar mergullos e os seus hoteis turísticos.[2]
O municipio ocupa a parte suroeste da illa homónima de Panglao, e o seu territorio tamén inclúe tres illas máis pequenas: Balicasag,[3] Gak‑ang e Pontod (tamén chamada Pungtud, e coñecida como Virgin Island).[1]
Na illa de Panglao non hai ríos, nin regatos nin lagos, polo que para consegir auga potábe, o municipio depende de pozos e do mananxial subterráneo de Canhilbas.[1]
A cidade, situada a unha altitude media de 2,0 msnm (máxima 187 m; mínima 0 m), ocupa unha superficie de 47,79 km².[4] Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 39 839 habitantes,[5] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 83 hab./km².
No municipio de Panglao encóntrase o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao, que funciona como o aeroporto principal de Bohol, e substitúe ao aeroporto de Tagbilaran desde novembro de 2018.
Barangays
[editar | editar a fonte]Panglao divídese administrativamente en 10 barangays ou barrios:
- Bil-isan (1 000 km², 3 649 hab.)
- Bolod (320 km², 1 906 hab.)
- Danao (620 km², 4 935 hab.)
- Doljo (3 100 km², 3 417 hab.)
- Libaong (500 km², 2 132 hab.)
- Looc (1 000 km², 2 543 hab.)
- Lourdes (410 km², 1 544 hab.)
- Población (780 km², 5 305 hab.)
- Tangnan (580 km², 3 645 hb.)
- Tawala (500 km², 4 477 hab.)
- Nota: Datos referidos a 2020.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]Moito antes da colonización española, a zona xa fora visitada por comerciantes chineses e doutros países asiáticos, como demostran os achados arqueolóxicos de porcelana e de artigos comerciais das dinastías Tang, Song e Ming.[1]
Panglao floreceu durante o goberno do reino de Dapitán, pero as incursiónes dos moluqueños e a conquista de Ternate deron lugar a períodos de despoboación, cando os habitantes da zona fuxiron principalmente a Panay e Mindanao.[1]
Durante o dominio español estableceuse unha misión dos xesuítas que, en 1782 transformose unha parroquia, coñecida como a de Santo Agostiño de Panglawod. En 1803 a cidade foi establecida oficialmente como municipio. A "torre de vigilancia de Panglao" construíuse en 1851. Esta torre, octogonal e de cinco andares é a máis alta das do seu tipo en Filipinas, pero hoxe en día está abandonada.[6]
A cidade de Panglao celebra a súa fiesta nos días 27 e 28 de agosto, en honor do seu padrón Santo Agstiño.[7]
Educación
[editar | editar a fonte]Panglao ten varias institucións educativas, entre elas a Academia San Agustín (Panglao), a Escola Secundaria Nacional Lourdes, o Cristal e-College e escolas primarias en cada barangay,[8] incluída a Escola Primaria Central de Panglao.
Turismo
[editar | editar a fonte]A principal atracción turística de Panglao son as súas praias de area branca, das cales a praia de Alona (Alona beach) é a máis famosa. Esta praia de Alona ten aproximadamente 1 500 m de longo, e está bordeada de palmeiras, centros turísticos e tendas.[9] Porén, recibiu críticas polo seu desenvolvemenrto desenfreado, esquecendo as políticas de desenvolvemento municipal, advertindo contra o amoreamento e que Alona perda á súa imaxe de paraíso. Polo tanto, os gobernos municipal, provincial e nacional desenvoveron un plan para construír un novo aeroporto internacional na illa de Panglao, cunha vía de acceso directa á praia de Alona. Este plan estivo operativo en novembro de 2018. Outras praias son as de Bagobo, Bolod, Danao, Doljo e Momo.
Panglao é famosa polos lugaes de megullo, como Doljo Beach, Garden Eels, Arco Point, Kalipayan, Napaling e Puntod. A parte sur da illa está rodeada de arrecifes relativamente estreitos e pouco profundos (de 5 a 6 m) con acantilados submarinos que se afunden a profundidades de 33 a 56 m.[10] Pódense organizar facilmente excursións a outros sitios de mergullo, incluídas as illlas Balicasag e Pamilacan.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Mapa de Panglao mostrando os barangayes e a illa de Balicasag
-
Torre de vixilancia
-
Praia de Alona
-
Palmeiras na praia de Alona
-
Cabanas na praia de Momo
-
Hotel
-
Monumento a José Rizal
-
Fachada actual da igrexa parroquial de Santo Agostiño
-
Interior da igrexa de Santo Agostiño
-
Ruínas da antiga igrexa parroquial de Santo Agostiño en Panglao, que foi destruída por un incendio durante a época española.
-
Exterior do Bohol-Panglao International Airport
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Panglao. Municipal profile Arquivado 15 de setembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ "Discover Panglao Island Bohol". en www.bohol-philippines.com (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ Balicasag Island Arquivado 25 de xuño de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ "2015 Census of Population, Report No. 3 – Population, Land Area, and Population Density" (PDF) Arquivado 25 de maio de 2021 en Wayback Machine.. Philippine Statistics Authority. Quezon City, Philippines. Agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Census of Population (2020). "Region VII (Central Visayas)". Total Population by Province, City, Municipality and Barangay. PSA. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ "Bohol Panglao Island Travel Guide"[Ligazón morta] (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ Bohol Festivals and Feast Days {{en]].
- ↑ Un barangay (en tagalo baranggay), tamén coñecido polo seu nome colonial, barrio, é a unidade menor de goberno local en Filipinas, e é o termino nas linguas filipinas equivalente a pobo, distrito ou circunscrición. Os municipios e as cidades das Filipinas comprenden varios barangayes. O termo barangay e a súa estrutura fueron concibidos durante a administración do presidente Ferdinand Marcos, substituíndo aos antigos barrios.
- ↑ Alona Beach, Panglao Island
- ↑ Panglao Island Diving.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panglao, Bohol |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Panglao. Province of Bohol en PhilAtlas (en inglés).
- Philippine Standard Geographic Code (en inglés).
- Municipality of Panglao (en inglés).
- Panglao (en inglés).
- Alona Beach Guide (en inglés).