Palacio da ópera do Margrave
Palacio da ópera do Margrave | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||
Tipo | teatro de ópera e museo ![]() | ||||||||
Estilo | arquitectura barroca ![]() | ||||||||
Localización | |||||||||
Enderezo | Opernstraße 14, 95444 Bayreuth ![]() | ||||||||
Localización | Bayreuth ![]() | ||||||||
| |||||||||
Estado | Alemaña | ||||||||
Estado federado | Baviera | ||||||||
Regierungsbezirk | Alta Franconia | ||||||||
Concello urbano | Bayreuth ![]() | ||||||||
Arqueoloxía | |||||||||
Conservación | preservado (pt) ![]() ![]() | ||||||||
Construción | |||||||||
Fundación | 1744 ![]() | ||||||||
Inauguración | 1748 ![]() | ||||||||
Implicados | |||||||||
Arquitecto(s) | Joseph Saint-Pierre ![]() | ||||||||
Patrimonio cultural | |||||||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | |||||||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | ||||||||
Data | 2012 (36ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) ![]() | ||||||||
Identificador | 1379 | ||||||||
| |||||||||
Monumento patrimonial arquitectónico | |||||||||
Identificador | D-4-62-000-278 | ||||||||
Eventos | |||||||||
| |||||||||
Contacto | |||||||||
Páxina WEB | bayreuth-wilhelmine.de… ![]() | ||||||||
[ Wikidata ] |
O palacio da ópera do Margrave (alemán: Markgräfliches Opernhaus) é unha ópera barroca na cidade de Bayreuth, Alemaña. Construído entre 1745 e 1750, é un dos poucos teatros europeos que se conservan da época e foi amplamente restaurado.[1] O 30 de xuño de 2012, o teatro da ópera inscribiuse na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO pola súa excepcional arquitectura barroca.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Situado nunha parte ensanchada da rúa para que as carruaxes poidan parar por diante, o palacio da ópera ten 71,5 metros de longo, 31 metros de ancho e 26 metros de alto.[3] O edificio construíuse segundo planos deseñados polo arquitecto francés Joseph Saint-Pierre (ca 1709 – 1754), construtor da corte do margrave de Hohenzollern Frederico de Brandenburg-Bayreuth e a súa esposa a princesa Guillermina de Prusia.[2] A fachada de pedra arenisca deseñouse para mesturarse cos edificios da contorna e para facer referencia á praza Vendôme en París, con grandes columnas corintias, Unha balaustrada estendíase por toda a fachada, con esculturas de Minerva, Apolo e 6 Musas colocadas encima.[3]
O interior de madeira deseñouno Giuseppe Galli Bibiena (1696–1757)[4] e o seu fillo Carlo de Boloña nun italiano de estilo barroco tardío. O auditorio construíuse en forma de campá e pode acomodar a unhas 500 persoas. Cuberto con detalles de ouro, cun teito de trompe-l'œil, o interior tenta imitar pedras preciosas como o lapislázuli.[3] Algunhas zonas do interior están cubertas con lona pintada para evitar fendas e mellorar a acústica.[3]
O palco da corte construído para o Margrave está situado fronte ao escenario, ocupando os tres pisos do palco. Está moi adornado con símbolos da Casa de Brandeburgo e consérvase completamente no seu estado orixinal, agás a cortina que foi roubada polas tropas de Napoleón na súa marcha cara á Campaña rusa.[3] Con todo, o palco da corte era poucas veces utilizado pola parella de margraves con mentalidade artística, que prefería un asento na primeira fila.
Historia
[editar | editar a fonte]A Ópera de Bayreuth inaugurouse con motivo do matrimonio da súa filla Sabela Frederica Sofía co duque Carlos Uxío de Wurtemberg. A princesa Guillermina, irmá máis vella do Rei prusiano Frederico o Grande, establecera a compañía de teatro margravial en 1737. No novo teatro de ópera participou como compositora de obras de ópera e Singspiel, así como actriz e directora.[5] Hoxe aparece nunha presentación sonora e luminosa para turistas. Tras a súa morte en 1758, as actuacións cesaron e o edificio entrou en desuso, motivo do seu bo estado de conservación.
Máis de cen anos despois, a gran profundidade do escenario de 27 m.[6] atraeu ao compositor Richard Wagner, que en 1872 escolleu Bayreuth como centro de festivais e fixo construír o Festspielhaus ao norte da cidade. A cerimonia da primeira pedra celebrouse o 22 de maio, aniversario de Wagner, e incluíu a interpretación da Sinfonía número 9 de Beethoven, dirixida polo mestre.
Partes da película biográfica Farinelli de 1994 filmáronse no Palacio da Ópera. O teatro foi o lugar do festival anual Bayreuther Osterfestival ata 2009. Cada setembro do ano 2000 a 2009, o teatro tamén acolleu o festival barroco de Bayreuth, con representacións das primeiras rarezas operísticas. O festival de 2009 incluíu as actuacións da festa teatrale, L'Huomo, de Andrea Bernasconi, cun libreto da Margravina Guillermina. O barroco de Bayreuth reviviu en 2020.[7] O teatro pechou entre outubro de 2012 por unha ampla reforma e remodelación e reabriu o 12 de abril de 2018.[6][8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Goldmann, A. J., Inch by Inch, an Operatic Jewel Is Polished, The New York Times, 16 April 2018, photographs by Gordon Welters
- ↑ 2,0 2,1 "Margravial Opera House Bayreuth". UNESCO. Consultado o 10 de setembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Margravial Opera House Bayreuth – Outstanding monument of baroque theatre culture (PDF) (Informe). The Bavarian Department for State-owned Palaces, Gardens and Lakes. decembro de 2009. Consultado o 10 de setembro de 2022.
- ↑ "Margravial Opera House Bayreuth – World Heritage Site – Pictures, info and travel reports". www.worldheritagesite.org (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2017.
- ↑ Kotnik, Vlado (6 de xullo de 2017). "The Adaptability of Opera: When Different Social Agents Come to Common Ground" (PDF). sfopera.com.
- ↑ 6,0 6,1 "UNESCO-Weltkulturerbe Markgräfliches Opernhaus" [UNESCO World Heritage Site: Margravial Opera House] (en alemán). City of Bayreuth: Tourism, Culture and Leisure. Consultado o 22 de xaneiro de 2016.
- ↑ Berg, Karl Georg (24 de setembro de 2020). "Erfolgreiche Premiere des neuen Festivals Bayreuth Baroque". Die Rheinpfalz (en alemán) (Ludwigshafen). Consultado o 8 de outubro de 2022.
- ↑ Brug, Manuel (14 de abril de 2018). "Bayreuth hat seinen schönsten Kulturtempel zurück". Die Welt (en alemán). Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ "Markgräfliches Opernhaus Bayreuth in neuem Glanz wiedereröffnet". Deutsche Welle (en alemán). 12 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio da ópera do Margrave ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Margravial Opera House Bayreuth UNESCO Officiel Website
- Official Information (en inglés)
- Homepage (German / English) Arquivado 21 de novembro de 2019 en Wayback Machine.