Píllara riscada
Píllara riscada | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Arenaria interpres (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Área de distribución da píllara riscada.
|
A píllara riscada[2][3][4], píllara raiada, píllara raxada[5][6] ou virapedras[7] (Arenaria interpres) é unha ave da orde Charadriformes, familia Scolopacidae. Aniña en Escandinavia, sendo visible nas costas galegas durante o inverno. Mide uns 22 cm e pesa ó redor dos 110 g. Rechoncha, de plumaxe, pescozo e bico curtos, ten este último levemente torto cara a arriba e a xeito de cuña.
A súa plumaxe é marrón, canela, negra e branca. Durante a época de reprodución as femias portan na cabeza e o pescozo un patrón rechamante branco e negro. É unha ave solitaria que como moito forma pequenos grupos que defenden o seu territorio.
Atópase doadamente nas costas rochosas ou areeiras, procurando o seu alimento na baixeira (zona que fica ó descuberto entre mareas). Ten especial habilidade en escavar ou en voltear cunchas, pedras e refugallos á procura de crustáceos, moluscos ou ovos de peixes.
A especie Arenaria melanocephala habita na costa do Pacífico de Norteamérica.
-
Grupo con diferentes plumaxes.
-
Haematopus ostralegus, con Arenaria interpres detrás.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Arenaria interpres". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4.
- ↑ Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.