Orquestra Gaos
País | Galicia |
---|---|
Cidade | A Coruña |
Teatro | Sen sede fixa |
Anos de actividade | Dende 2009 |
Tipo de formación | Orquestra sinfónica |
Xénero | Música sinfónica, ópera |
Membros actuais | Fernando Briones |
Membros fundadores | Fernando Briones |
Circunstancias de creación | 2009 |
Efectivo | ~80 músicos |
Sitio web | Sitio web oficial |
A Orquestra Gaos é unha orquestra da cidade da Coruña, Galicia. Está formada por aproximadamente 80 persoas, principalmente estudantes, e tamén profesores de conservatorios galegos. O proxecto da Orquestra Gaos está integrado, ademais de pola orquestra, por un coro, un coro novo, e coros infantís.
Historia
[editar | editar a fonte]A Orquestra Gaos fundouse en abril de 2009. Ese mesmo ano colaborou na fase final do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, repetindo na edición seguinte. En 2010 ademais chegou o primeiro traballo discográfico da formación, un disco no que interpretou, xunto coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, temas galegos orquestrados polo compositor vigués Juan Durán.[1]
En 2011 a orquestra realizou unha xira de concertos na que interpretou o Requiem de Wolfgang Amadeus Mozart nas catedrais de Ourense, Tui e Santiago de Compostela con Borja Quiza, Carmen Subrido, Nuria Lorenzo e Francisco Corujo como solistas.[2] Dende ese ano ofrece xunto co Coro Gaos un concerto de Nadal a beneficio do IBS Padre Rubinos, contando coa presenza de figuras como Ainhoa Arteta, Borja Quiza ou Celso Albelo.[1]
En 2013 participou no LXI Festival de Ópera da Coruña baixo a dirección de Ramón Tébar cunha gala lírica a cargo do tenor Gregory Kunde e o barítono Juan Jesús Rodríguez no Palacio da Ópera. Ese mesmo ano e no mesmo escenario, a Orquestra Gaos baixo a batuta do seu director titular tocou xunto coa banda de pop rock madrileña Los Secretos.[3]
En 2015 ofreceu un concerto xunto co cantante andaluz Raphael no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.[4] Un ano despois o cantante volveu actuar coa orquestra coruñesa nas cidades de Vigo, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo, e da Coruña, no Palacio da Ópera, dentro da xira "Raphael Sinphónico".[5] En 2019, con motivo da xira "ReSinphónico", ofreceron un novo concreto na cidade herculina, desta vez no Coliseum.[6]
Nos seus primeiros dez anos de historia pasaron pola agrupación uns 500 músicos e máis de 40 solistas,[7] como David Grimal (2015),[8] Ainhoa Arteta ou Celso Albelo.[7]
Coro
[editar | editar a fonte]O Coro Gaos naceu en 2010, presentándose ante o público na inauguración da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Orquesta" (en castelán). Orquesta Gaos. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "La Orquesta y el Coro 'Gaos' llevarán el 'Réquiem' de Mozart a las catedrales gallegas entre el 8 y el 16 de octubre". europapress.es (en castelán). 5 de outubro de 2011. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Poncet, Fede G. (21 de outubro de 2013). "Apoteósico concierto sinfónico de Los Secretos y la Orquesta Gaos" (en castelán). fedellando.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "La Orquesta Gaos toca con Raphael en su "mejor" concierto". La Opinión (en castelán). 17 de novembro de 2015. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Raphael vende más de 90% de sus entradas para el concierto de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2016. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Díaz, Noelia (17 de novembro de 2019). "Raphael fascina al Coliseum a ritmo orquestal". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "Fernando Briones. “Nos llena de orgullo que el público siempre nos haya arropado en cada concierto”". El Ideal Gallego (en castelán). 29 de xuño de 2019. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Poncet, Fede G. "DAVID GRIMAL & ORQUESTA GAOS" (en castelán). Teatro Colón. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Coro Gaos: Voltamos". Cultura de Galicia. Xunta de Galicia. 20 de decembro de 2020. Consultado o 22 de maio de 2021.