Orientación Gallega
Orientación Gallega | |
---|---|
Fundación | 1962 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Buenos Aires |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orientación Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1962 e 1965.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Co lema "Todo por la libertad y la democracia", era o órgano de expresión da Unión Federal Gallega Democrática. Apareceu o 2 de xaneiro de 1962, dirixido por Cándido Alfonso González. Pretendía unir os esforzos da colectividade galega na Arxentina para defender a democracia, a república española e a autonomía galega fronte ao totalitarismo de Francisco Franco e dos comunistas; aínda que a súa obsesión por estes limitou moito o seu traballo. Dende o principio acusaron á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina e ao seu órgano Galicia de estar tomados polo comunismo, non respectando así os desexos e necesidades do pobo galego. Entre os seus colaboradores figurou Emilio González López.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Orientación Gallega". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Orientación Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. p. 363. ISBN 84-8288-137-X.