Saltar ao contido

Organización non gobernamental

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Organización Non Gobernamental»)

Antigo hospital da Cruz Vermella en Vigo.

Unha organización non gobernamental (máis coñecida pola súa sigla ONG) é unha entidade de carácter privado, con fins e obxectivos definidos polos seus integrantes, creada independentemente dos gobernos. Xuridicamente adopta diferentes status, como o da asociación, fundación ou outras formas.

Ao conxunto do sector que integran as ONG denomínaselle de diferentes formas como sector voluntario, sector non lucrativo, sector solidario, economía social, terceiro sector, sector social, entre outras.

As ONG teñen un ámbito de acción que vai dende o nivel local ao internacional. Cobren unha gran variedade de temas e ámbitos que definen o seu quefacer, pero sempre dentro do que podemos denominar promoción do ben xeral. Ditos temas están relacionados coa acción humanitaria, saúde pública, investigación, desenvolvemento económico, desenvolvemento humano, cultura, dereitos humanos etcétera. Non tratan de substituír as accións dos Estados ou organismos internacionais nos seus correspondentes países senón de cubrir e axudar naquelas areas nas cales non existen políticas sociais ou económicas, ou ben cando estas políticas resultan insatisfactorias para algúns grupos da sociedade ou a sociedade no seu conxunto.

Os seus membros son voluntarios. Internamente poden ter un baixo ou alto grao de organización interna. O financiamento de actividades xeralmente provén de diversas fontes:

  • privados: persoas particulares (con apoio regular en forma de socios ou con doazóns puntuais) ou de empresas
  • públicos: de calquera administración, normalmente en forma de subvencións

Unha das ONG máis antigas é a Cruz Vermella, aínda que a expresión ONG data de 1945, citado no artigo 71 da Carta das Nacións Unidas:[1]

O Consello Económico e Social poderá facer arranxos adecuados para celebrar consultas con organizacións non gobernamentais que se ocupen de asuntos de competencia do Consello.

Ademais de participar no sistema das Nacións Unidas, tamén o fan a nivel dos Estados que correspondan en calidade de observadores, consultores, executantes de proxectos, como unha forma de presión social cidadá etc.

O Consello Económico e Social pasou de 41 ONG recoñecidas co status de consultivas en 1946 a unhas 2.350 ONG (2003). Número moito maior se se inclúen ás que actúan só a nivel local e rexional.

A nivel local poden ser creadas para axudar aos nenos da rúa, alfabetización, superación da pobreza, facilitar o acceso a vivenda e bens, realizar investigación social, educación popular, protección e conservación do ambiente, defensa dos dereitos dos consumidores, axuda social, promoción cultural, integración social, entre moitas outras.

Tipos de ONG

[editar | editar a fonte]

Entre os temas que preocupan ás ONG, pódese salientar:

  1. Davies, Thomas (2014). NGOs: A New History of Transnational Civil Society. New York: Oxford University Press. p. 3. ISBN 9780199387533. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]