Organización Anarquista da Rexión Española
Aparencia
A Organización Anarquista da Rexión Española (OARE) foi unha organización impulsada polos anarquistas colectivistas en Valencia en outubro de 1888,[1] ao non querer secundar o acordo do congreso da Federación de Traballadores da Rexión Española celebrado en Barcelona en maio de 1888, onde os sectores máis sindicalistas crearon a Federación Española de Resistencia ao Capital (FERC), tamén chamada Pacto de Unión e Solidariedade (Pacte d'Unió i Solidaritat).
No congreso fundacional da OARE, foi disolto formalmente a FTRE e rexeitada a FERC, xa que deixaba de lado os principios revolucionarios. Tivo unha oposición frontal dos anarcocomunistas sevillanos, que non querían a transformación da FTRE. Disolveuse no ano 1889.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez Casas, Juan (2006). Historia del anarcosindicalismo español: epílogo hasta nuestros días (en castelán) (5ª ed.). Madrid: LaMalatesta editorial. p. 88. ISBN 978-84-934762-1-2.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |