Oligopsonio
O oligopsonio, das palabras gregas oligos (pouco) e psonio (compra), é unha situación de fallo de mercado pouco frecuente que xorde onde non existen moitos consumidores senón un número pequeno, nos cales se deposita o control e o poder sobre os prezos e as cantidades dun produto no mercado. Polo tanto, os beneficios concentraríanse nos consumidores, pero non nos produtores, os cales ven empeorar a súa situación ao non recibir un prezo razoable polos produtos que elaboran.
Os exemplos de oligopsonios son máis frecuentes que os de monopsonio puro. Un exemplo poden ser os fabricantes de automóbiles nun país como Xapón. Para os fabricantes de asentos para automóbiles só existe un número reducido de compradores, que son as poucas empresas ensambladoras de automóbiles xaponesas, quen, polo tanto, poderán controlar as cantidades e prezos dos asentos para automóbiles, posto que son os únicos compradores no país dese produto.