Oleg Kononenko
Aparencia
Oleg Dmitriievich Kononenko, nado en Chardzhou (Turkmenistán) o 21 de xuño de 1964, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-12, Soiuz TMA-03M, Soiuz TMA-17M e Soiuz MS-11 e formando parte das expedicións 17, 30, 31, 44, 45, 57, 58 e 59 á Estación Espacial Internacional.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kononenko graduouse no Instituto de Aviación N.E. Zhukovksi Kharkov en 1988 como enxeñeiro mecánico. Entrou no corpo de cosmonautas en 1996, adestrándose para ser cosmonauta entre xuño de 1996 e marzo de 1998. Participou nas misións Soiuz TMA-12, Soiuz TMA-03M, Soiuz TMA-17M e Soiuz MS-11 e formando parte das expedicións 17, 30, 31, 44, 45, 57, 58 e 59 á Estación Espacial Internacional, acumulando un total de 533,14 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Kondratiyev, Dmitri Yuriyevich" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleg Kononenko |