O furor do dragón
O furor do dragón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 猛龙过江 - Měng Lóng Guò Jiāng |
Director | Bruce Lee |
Produtor | Raymond Chow Bruce Lee |
Guión | Bruce Lee |
Intérpretes | Bruce Lee Nora Miao Chuck Norris Hwang In-Shik Robert Wall Paul Wei Wang Chung-hsin |
Música | Joseph Koo |
Fotografía | Tadashi Nishimoto |
Montaxe | Peter Cheung |
Distribuidora | Golden Harvest Fortune Star Media (Internacional) |
Estrea | 30 de decembro de 1972 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Hong Kong |
Xénero | Acción |
Orzamento | HK$130 000 (estimado) |
Na rede | |
https://www.miramax.com/movie/the-way-of-the-dragon/ | |
O furor do dragón (en chinés: 猛龍過江, e chinés simplificado 猛龙过江), é un filme producido en Hong Kong estreado en 1972. Foi escrito, producido e dirixido por Bruce Lee, quen tamén é o protagonista. O resto do elenco está formado por Nora Miao, Chuck Norris, Robert Wall e Hwang In-Shik.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tang Lung (Bruce Lee) chega a Roma para axudar a unha amiga da familia, Chen Ching Hua (Nora Miao), ameazada por uns mafiosos locais que queren facerse co seu restaurante. Pouco despois da chegada de Tang, os criminais irrompen no restaurante coa intención de obrigar a Chen a asinar a venda da súa propiedade. Despois de que se risen do estilo de combate da China, un furioso Tang reta ós matóns e derrótaos nunha excelente exhibición de artes marciais. Logo de fracasar no seu afán de asasinar a Tang, o cerebro da banda contrata a Colt (Chuck Norris), un campión americano de karate, no derradeiro intento de acabar con el. Tang enfrontarase co americano no mítico Coliseo de Roma no que loitarán como gladiadores nun lendario combate a morte.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bruce Lee como Tang Lung
- Nora Miao como Chen Ching-hua
- Chuck Norris como Colt[1]
- Robert Wall como Fred (Bob)
- Hwang In-Shik como Loitador xaponés
- Paul Wei como Ho
- Wang Chung-hsin como Tío Wang
- Tony Liu como Tony
- Unicorn Chan como Jimmy
- Tommy Chen como Tommy
- Chin Ti como Quen
- Wu Ngan como Chuan
- Russell Cawthorne como Home do aeroporto
- Robert Chen como Robert
- John T. Benn como Xefe da mafia
- Malisa Longo como Prostituta italiana
- Yuen Biao como thug
- Rick Baker como Matón italiano
- John Derbyshire como Matón da mafia[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berkow, Ira (12 de maio de 1993). "AT DINNER WITH: Chuck Norris; When That 97-Pound Weakling Grows Up". The New York Times. Consultado o 2010-08-08.
- ↑ Derbyshire, John (15 de outubro de 2003). "Thug (Uncredited)". National Review Online. Consultado o 13 de outubro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O furor do dragón na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllRovi[Ligazón morta] (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)