O Barco da Memoria
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Os mártires do mar" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
O Barco da Memoria foi o nome co que se denominou ao barco de vapor Hidria Segundo durante o período no que aloxou a exposición Os Mártires do Mar, unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para dar a coñecer a represión franquista no tecido asociativo mariñeiro.
A iniciativa, inserida dentro dos actos do Ano da Memoria (2006), comezou o 17 de xullo no porto de Cambados, cun discurso do escritor Manuel Rivas, e rematou o 8 de setembro en Vilagarcía de Arousa. Durante o periplo, no que recalou en dezaoito vilas galegas[1], a exposición tivo unha afluencia de 31.110 persoas.
Baixo este título realizouse tamén un documental para televisión nunha coprodución entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego en base ao o traballo do comisario da exposición, Dionisio Pereira.[2] A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007.[3][4] Foi emitido tamén vía satélite e a través de Internet o 17 de febreiro de 2007.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entre outras, Moaña, Baiona, Marín, O Grove, a Illa de Arousa e varios portos do Barbanza.
- ↑ María Conde (8 de xaneiro de 2007). "A travesía do barco da memoria". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "A Televisión de Galicia emite o vindeiro sábado, ás 15:42 horas, o filme documental ´O Barco da Memoria´". Nomes e voces. 25 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Documental sobre o Barco da memoria". Culturmar. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Emisión do filme documental ´O Barco da Memoria´ no exterior". Nomes e voces. 5 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira, Dionísio (2004). "O barco da Memoria". Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial (3): 6–11. ISSN 1699-3128.
- "O Barco da Memoria inicia en Cambados a súa viaxe: unha viaxe para espantar o esquecemento", La Voz de Galicia, 16.07.2006.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Presentación do proxecto". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009.
- Rivas, M. (9 de agosto de 2006). "El barco de la memoria". El País (en castelán).