Saltar ao contido

Tempada 2020-2021 da OK Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «OK Liga masculina 2020-2021»)
Modelo:Competición deportivaTempada 2020-2021 da OK Liga
TipoOK Liga Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Patinaxe Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2020-2021 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo26 de setembro de 2020 – 29 de maio de 2021 Editar o valor en Wikidata
Número de edición52 Editar o valor en Wikidata

2019 Editar o valor en Wikidata

A tempada 2020-2021 foi a 52ª edición da OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns de España.

Comezou o 26 de setembro de 2020 e rematou o 29 de maio de 2021.[1] O FC Barcelona foi o equipo campión, por oitavo ano consecutivo.[2]

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]

A pandemia por coronavirus obrigou a suspender a tempada anterior antes de que esta se completase e sen producirse ningún descenso, pero si dous ascensos dende a OK Liga Prata (Mataró e Vendrell), polo que a tempada 2020/21 conta con 16 equipos. O sistema de competición é o dunha liga regular de todos contra todos e dobre volta.

Ademais elimináronse os play-offs trala recomendación do Consello Superior de Deportes de acurtar o máximo posible a tempada ante as posibles repuntas da enfermidade, polo que o primeiro clasificado despois das 30 xornadas será proclamado campión.[3]

Catro equipos españois disputarán en 2020/21 a Liga Europea. Serán o campión da OK Liga, o campión da Copa do Rei 2020/21 e o campión da Liga Europea 2020/21 en caso de ser español, mentres que os seguintes clasificados de liga repartiranse o resto de prazas ata cubrir as catro. Os que rematen do 5º ao 8º posto competirán na Copa WSE. Os catro últimos clasificados ao remate da tempada descenderán directamente á OK Liga Prata, da que ascenderán á súa vez directamente dous equipos (o primeiro de cada un dos dous grupos), para volver na tempada 2021/22 aos 14 equipos.[3] Ademais os equipos clasificados no 11º e 12º lugar deberán xogar unha fase de permanencia/ascenso contra os segundos clasificados dos dous grupos da OK Liga Prata. Será unha única eliminatoria a dobre volta para cada un dos equipos, definíndose os emparellamentos por sorteo. Os dous gañadores de cadansúa eliminatoria xogarán na OK Liga na tempada 2021/22.[4]

Grupos Ascensos dende a OK Liga Prata Puntos
Norte Mataró 30
Sur Vendrell 39

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]
Equipo Cidade Pavillón Adestrador
FC Barcelona Cataluña Barcelona Palau Blaugrana Galicia Edu Castro
Calafell Tot L'Any Cataluña Calafell Joan Ortoll Cataluña Pere Varias
Recam Làser Caldes Cataluña Caldes de Montbui Torre Roja Cataluña Eduard Candami
Garatge Plana Girona Cataluña Xirona Pavelló de Palau II Cataluña Ramon Benito
Igualada Rigat Cataluña Igualada Les Comes Cataluña Francesc Linares
Deportivo Liceo Galicia A Coruña Riazor Galicia Juan Copa
Lleida Llista Blava Cataluña Lleida Onze de Setembre Cataluña Albert Folguera
Lloret Vila Esportiva Cataluña Lloret de Mar Pavillón Municipal Cataluña Xavier Albet
Mataró Cataluña Mataró Jaume Parera i Leon Cataluña Albert Larrea
Noia Freixenet Cataluña Sant Sadurni d'Anoia Ateneu Agrícola Cataluña Ferran López
Palafrugell Cataluña Palafrugell Pavillón Municipal Cataluña Xavier García
Reus Deportiu Miró Cataluña Reus Palau Reus Deportiu Cataluña Jordi García
Taradell Cataluña Taradell El Pujoló Cataluña Ferran Moreno
Vendrell Cataluña El Vendrell Pavillón de Vendrell Cataluña Josep Lluís Del Riu
Vic Cataluña Vic Pavillón Olímpico Cataluña Quim López
Voltregà Stern Motor Cataluña Sant Hipòlit de Voltregà Pavillón Municipal Cataluña Manolo Barceló

Equipos por comunidade autónoma

[editar | editar a fonte]
Núm Comunidade Autónoma Equipos
15 Cataluña Cataluña FC Barcelona, Calafell Tot L'Any, CH Caldes, Girona CH, Igualada HC, Lleida Llista Blava, Lloret Vila Esportiva, Mataró, CE Noia, Palafrugell, Reus Deportiu Miró, Taradell, CE Vendrell, CP Vic e CP Voltregà
1 Galicia Galicia Liceo

Por primeira vez na historia da competición, participan 15 equipos cataláns na liga, sendo o HC Liceo o único club non catalán.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 FC Barcelona 83 30 27 2 1 208 54 154 Clasificados para a Liga Europea
2 Deportivo Liceo 76 30 25 1 4 131 51 80
3 CH Caldes Recam Làser 62 30 19 5 6 115 86 29
4 Reus Deportiu Miró 61 30 19 4 7 157 87 70
5 CE Lleida Llista Blava 54 30 16 6 8 96 75 21 Clasificados para a Copa WSE
6 CE Noia Freixenet 45 30 14 3 13 117 106 11
7 CP Voltregà Stern Motor 41 30 12 5 13 94 92 2
8 CP Calafell Tot L'Any 39 30 12 3 15 83 96 -13
9 Igualada Rigat HC 39 30 12 3 15 90 102 -12
10 Garatge Plana Girona CH 38 30 10 8 12 79 89 -10
11 CH Palafrugell 36 30 9 9 12 93 111 -18 Fase de permanencia
12 CE Vendrell 29 30 7 8 15 79 106 -27
13 CP Taradell 28 30 7 7 16 76 133 -57 Descenden á OK Liga Prata
14 CH Lloret Vila Esportiva 25 30 5 10 15 83 135 -52
15 CP Vic 15 30 4 3 23 59 140 -81
16 CH Mataró 8 30 1 5 24 54 151 -97

Goleadores

[editar | editar a fonte]

Os máximos goleadores da competición son:[5]

Pos Xogador Equipo Goles
1 Cataluña Àlex Rodríguez Reus Deportiu Miró 37
2 Cataluña Jordi Adroher Deportivo Liceo 33
3 Portugal João Rodrigues FC Barcelona 33
4 Pablo Álvarez FC Barcelona 31
5 Portugal Hélder Nunes FC Barcelona 30
6 Cataluña Eloi Mitjans CP Calafell 29
7 Cataluña Xavi Costa Noia Freixenet 29
8 Cataluña David Gelmà Garatge Plana Girona CH 27
9 Cataluña Marc González CH Lloret Vila Esportiva 27
10 Cataluña Raül Marín Reus Deportiu Miró 26
  1. "26 y 27 de septiembre, fechas oficiales del inicio de la OK Liga Masculina 2020/21". Federación Española de Patinaxe (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  2. "El Barça gana su 32ª Liga de hockey patines". As (en castelán). 22 de maio de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "La OK Liga regresa al pasado con un formato de campeonato regular". Diario de Tarragona (en s). 21 de xullo de 2020. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  4. "Bases da competición" (PDF). Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2020. [Ligazón morta]
  5. "OK Liga 2020-2021". Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]