Saltar ao contido

Jordi Adroher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jordi Adroher Mas»)
Modelo:BiografíaJordi Adroher

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jordi Adroher Mas Editar o valor en Wikidata
22 de novembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Reus, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoOffense (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Catalonia men's roller hockey team
–2023 UD Oliveirense
2002–2006 C.H. Lloret
2006–2009 Club Patí Vic
2009–   Selección de hóckey a patíns masculina de España
2009–2011 Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns
2011–2014 Reus Deportiu
2014–2015 Hockey Breganze
2015–2020 Sport Lisboa e Benfica
2020–2022 Hockey Club Liceo da Coruña
2022–2023 UD Oliveirense

Twitter: Adroher_7 Editar o valor en Wikidata

Jordi Adroher Mas, nado en Ribes de Freser (Xirona) o 22 de novembro de 1984, é un xogador de hóckey a patíns catalán que xoga na posición de dianteiro no Oliveirense da liga portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

SHUM Maçanet (2000-2003)

[editar | editar a fonte]

Puxo os seus primeiros patíns na súa localidade natal, Ribes de Freser, mais formouse no SHUM Maçanet, co que debutou na División de Honra cando aínda era júnior, na tempada 2000/01. Na seguinte tempada anotou xa 20 goles na máxima categoría.[1] Permaneceu no club ata 2003, ano no que se trasladou a Lloret.

CH Lloret (2003-2005)

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira tempada co C.H. Lloret anotou 28 goles en liga, mentres que na segunda fixo 23, quedando o equipo como terceiro clasificado.[1]

CP Vic (2005-2009)

[editar | editar a fonte]

En 2005, Ferrán Pujalte, daquela no seu terceiro ano no banco do Club Patí Vic, chamouno para reforzar o equipo. Xogou catro anos no club de Vic, conquistando unha Copa do Rei e sendo na súa última tempada, a 2008-09, o máximo goleador da OK Liga con 36 tantos.

FC Barcelona (2009-2011)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2009-10 chegou ao primeiro equipo do FC Barcelona, a pesar de que o club barcelonés xa o fichara seis anos atrás e o cedera ao Vic seguindo a política da sección. Co club blaugrana gañou a liga, a Copa de Europa e a Copa Continental no seu primeiro ano, marcando 23 goles na liga e 12 na Copa de Europa.[1]

Reus Deportiu (2011-2014)

[editar | editar a fonte]

Desde 2011 ata 2014 xogou no Reus Deportiu, sendo as súas mellores tempadas as dúas últimas nas que marcou en liga 39 e 48 goles respectivamente.[1]

Hockey Breganze (2014-2015)

[editar | editar a fonte]

A tempada 2014-15 disputouna co Hockey Breganze italiano, co que gañou ese ano a Copa de Italia e quedou subcampión da liga italiana (26 goles) e terceiro na Copa de Europa (11 goles).[1]

Benfica (2015-2020)

[editar | editar a fonte]

En maio de 2015 fichou polo Benfica,[2] gañando no seu primeiro ano a súa segunda Copa de Europa, a Copa Continental e a liga portuguesa, na que foi ademais o máximo goleador do campionato, con 50 goles.[3] En 2017 conquistou a Copa Intercontinental, anotando catro dos cinco goles do seu equipo na final fronte ao Reus.[4] Xogou cinco tempadas no club portugués, marcando máis de 200 goles.[1]

HC Liceo (2020-2022)

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2020 fichou polo Deportivo Liceo da Coruña.[5] En febreiro de 2021, despois de anotar 29 goles en 20 partidos, o Liceo renovou o seu contrato ata o final da tempada 2021/22.[6] Rematou a tempada como o máximo artilleiro do equipo, con 40 goles entre todas as competicións. Deles, 33 marcounos na liga, e 2 na final da Copa do Rei que o seu equipo gañou por 3-2 contra o FC Barcelona. Na tempada 2021/22 sumou 21 goles na liga regular e outros oito nos play-offs polo título, incluído un dos cinco goles que o Liceo lle meteu ao Reus na final, proclamándose campión nacional.[7]

Oliveirense (2022-actualidade)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2022 foi un dos sete xogadores do Liceo que deixaron o equipo e volveu a Portugal para fichar polo Oliveirense.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

É habitual na selección española dende que foi convocado para as categorías inferiores en 1999.[1] Gañou dous Campionatos de Europa sub-20 en 2001 e 2002 e o Campionato do Mundo sub-17 en 2002, así como as Copas Latinas de 2004 e 2006.

Xa coa selección absoluta conquistou tres Campionatos do Mundo (en 2009, 2013 e 2017) e tres Campionatos de Europa (2010, 2012 e 2018).[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Club Patí Vic
FC Barcelona
Hockey Breganze
Benfica
Liceo
Selección española sub-17
Selección española sub-20
Selección española sub-23
Selección española
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Jordi Adroher Mas". rinkhockey.net (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  2. "Jordi Adroher es el segundo refuerzo del Benfica" (en castelán). 28 de maio de 2015. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  3. "Jordi Adroher: “En la liga portuguesa hay más mentalidad ofensiva”" (en castelán). 29 de decembro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  4. "El Benfica deja en el Reus Deportiu sin la Copa Intercontinental" (en castelán). 17 de decembro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "El Liceo incorpora a Jordi Adroher". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  6. "Jordi Adroher amplía o seu vínculo co Deportivo Liceo". 12 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  7. "El Deportivo Liceo, campeón de la OK Liga por octava vez en su historia". Sport (en castelán). 17 de xuño de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]