Saltar ao contido

Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «OEACP»)
Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico
Logo
AcrónimoOACPS e ACP
Tipoorganización intergobernamental
Data de fundación1975
SedeBruxelas
Na rede
https://www.oacps.org/
Facebook: PressACP Twitter: pressacp LinkedIn: acp-secretariat-secr%C3%A9tariat-acp Youtube: UCN_qROuwxlE0VY6RgUDhg_Q BNE: XX4709892 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Estados membros

O Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico (ACP) é un grupo de países de África, o Caribe e o Pacífico que se creou a raíz da Convención de Lomé en 1975, e que ten como obxectivos principais o desenvolvemento sustentable, a redución da pobreza e unha maior integración dentro da economía muncial. Todos os estados membros, agás Cuba, son signatarios do Acordo de Cotonou de 2000 coa Unión Europea. O número de países membros pasou de 46 en 1975 a 79 en 2012. As linguas oficiais son o inglés, francés, portugués e castelán.

Estrutura

[editar | editar a fonte]
  • Cumio de Xefes de Estado e Goberno: dita as políticas xerais
  • Consello de Minitros: formado por un representante de cada estado para executar as políticas da ACP e avaliar periodicamente o estado da súa execución, axúntase cada seis meses ou en sesións extraordinarias.
  • Comité de Embaixadores: integrada por un representante de cada país membro, asiste ao Consello de Ministros.
  • Secretariado da ACP. O Consello de Ministros elixe ao Secretario Xeral da ACP, encárgase do funcionamento administrativo e de executar todas as accións decididas polos organismos da ACP e monitorizar a súa execución. A súa sede está en Bruxelas (Bélxica) . Desde 2009 éo Mohamed Ibn Chambas de Ghana.

Pacífico

[editar | editar a fonte]
  1. Incorporación pendente da modificación do acordo constitutivo.
  2. Non é un estado independente.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]