Saltar ao contido

North Uist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaNorth Uist
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deHébridas de Fóra Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHébridas de Fóra Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHébridas de Fóra, Reino Unido e North Uist, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°36′00″N 7°20′00″O / 57.6, -7.3333333333333
Bañado porThe Minch (pt) Traducir e Mar das Hébridas Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie30.305 ha Editar o valor en Wikidata

North Uist (en escocés: Uibhist a Tuath) é unha illa das Hébridas Exteriores.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está unida a Benbecula vía Grimsay, a Berneray, e a Baleshare. A excepción do sueste, a illa é moi plana e maioritariamente cuberta de auga. Algúns dos pequenos lagos teñen mestura de auga doce e auga salgada.

North Uist é a décima illa máis grande de Escocia e a décimo terceira de Gran Bretaña (excluída Irlanda). A súa superficie é de 117 millas cadradas, algo máis pequena que South Uist.

A illa é coñecida pola súa ornitoloxía, razón pola cal hai unha reserva natural en Balranald.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2001 tiña unha poboación de 1.657 habitantes.

Localidades

[editar | editar a fonte]

A poboación máis grande é Lochmaddy, un porto de pesca e onde hai un museo, un centro artístico e unha cámara escura. Outras poboacións inclúen Carinish, Port nan Long, Scolpaig e Chorùna ou Corùna.

Megalitismo

[editar | editar a fonte]

North Uist ten multitude de estruturas prehistóricas, entre as que se inclúen as tumbas de Barpa Langass, o círculo de pedras Pobull Fhinn e os menhires de Fir Bhreige.

A illa tamén é coñecida polo seu club atlético (North Uist Amateur Athletics Club), que fomenta as competicións atléticas a nivel local.

Dòhmnall Ruadh Chorùna (1887-1967) foi un dos grandes bardos escoceses do século XX, músico e poeta que recibe o seu nome da pequena aldea de Chorùna, chamada así pola Coruña galega e as historias da batalla de Elviña, na que combateu xente de North Uist.[1][2]

A cantante Julie Fowlis naceu en Uibhist a Tuath, e canta maiormente cancións folclóricas da illa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]