Nikki Giovanni
Yolande Cornelia "Nikki" Giovanni, Jr.,[1][2] nada o 7 de xuño de 1943, é unha poeta, escritora, comentarista, educadora e activista estadounidense.[2] Considerada unha das poetas afroamericanas máis coñecidas, o seu traballo inclúe antoloxías poéticas, poemas gravados e ensaios non-ficcionais que tratan desde tópicos sobre raza até cuestións sociais para a literatura infantil. Xa gañou varios premios, incluíndo a medalla Langston Hughes, o NAACP Image Awards. Foi nomeada ao Grammy Award polo seu álbum The Nikki Giovanni Poetry Collection. Recentemente, foi titulada como unha das 25 Oprah Winfrey's "Living Legends".[2]
Nikki Giovanni obtivo fama inicialmente ao final dos anos 60 por ser unha das primeiras autoras do Black Arts Movement. Influenciada polo Movemento dos dereitos civís dos negros nos Estados Unidos e polo Movemento Black Power da época, os seus primeiros traballos apuntan unha perspectiva forte e combativa que fixo que fose coñecida como "Poeta da Revolución Negra".[2] Durante os anos 70, comezou a escribir literatura infantil, e cofundou a editora NikTom Ltd co obxectivo de fornecer oportunidades a outras autoras negras dos Estados Unidos. Nas décadas seguintes os seus traballos discutiron problemáticas sociais, relacións humanas e hip hop. Poemas como Knoxville, Tennessee e Nikki-Rosa son frecuentemente republicados en antoloxías e outras coletáneas.[3]
Giovanni ensinou na Queens College, Universidade Rutgers e Ohio State, e actualmente é profesora titular no Virginia Tech.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Yolande Cornelia, Sr. e Jones "Gus" Giovanni, Nikki Giovanni naceu en Knoxville, Tennessee, o 7 de xuño e 1943 e creceu en Lincoln Heights, suburbio de Cincinnati, Ohio, aínda que retornase a Knoxville para morar cos seus avoas e estudar na Austin-East High School en 1958.[4] En 1960, iniciou os seus estudos na Fisk University, en Nashville, Tennessee.[5] Con dificultades para se se adaptar á vida universitaria Giovanni foi posteriormente expulsada. Con todo, por entender que precisaba estudar, retornou a Nashville, falou coa Dean of Women, a conselleira da universidade, e foi readmitida. En 1967, graduouse con honras en Historia. Despois, frecuentou a posgraduación na Universidade da Pensilvania e na Universidade de Columbia.[5][6]
En 1969, Giovanni comezou a ensinar na Livingston College da Universidade Rutgers. En 1970, comezou a facer aparicións regulares no programa de televisión Soul!, un programa de entretemento, variedades e entrevistas co obxectivo de promover a arte e a cultura negra, permitindo tamén a expresión política, e que contou con importantes participacións, como a de Muhammad Ali, Jesse Jackson, Harry Belafonte, Sidney Poitier, Gladys Knight, Miriam Makeba, e Stevie Wonder. Alén de aparecer regularmente no Soul!, Giovanni traballou durante algúns anos na súa produción. Desde de 1987, ensina escrita e literatura na Virginia Tech, onde é profesora titular.[5] Giovanni recibiu o NAACP Image Awards algunhas veces, alén de ter vinte doutoramentos honorarios e outros premios pola súa contribución literaria, como o Premio Langston Hughes e o Premio Rosa L. Parks Women of Courage.[7]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]O Movemento dos dereitos civís dos negros nos Estados Unidos, e o Movemento Black Power inspiraron a súa produción poética inicial, compilada en Black Feeling, Black Talk (1967), esgotado o primeiro ano con máis de dez mil copias; Black Judgement (1968), que vendeu 6 mil copias en tres meses; e Re: Creation (1970). Esas tres publicacións axudaron a tornar Nikki Giovanni nunha representante dos afroamericanos.[8]
En After Mecca: Women Poets and the Black Arts Movement, Cheryl Clarke cita Giovanni como unha poeta que se tornou unha significante parte dos dereitos civís e negros nos EUA.[8] As súas primeiras producións poéticas, publicadas entre o final dos anos 1960 e o inicio dos anos 1970, son vistas de maneira máis radical e combativa do que os seus traballos publicados os seguintes anos. Os seus poemas son descritos como "politicamente, espiritualmente, e socialmente conscientes", entendidos como un transmisor de urxencia en expresar a necesidade de consciencia negra, unidade e solidariedade.[8]
O seu libro Love Poems (1997) foi escrito en memoria de Tupac Shakur. Giovanni declarou que prefería andar ao lado dos Thug Life que coas persoas que falaban mal do grupo.[9]
Escribiu Rosa en 2007, un libro infantil ilustrado que se centra na vida da activista civil Rosa Parks. Rosa atinxiu o número 3 na lista de best-sellers de Nova York e recibiu a Caldecott Honor polas ilustracións de Brian Collier e o premio Coretta Scott King.[4]
Giovanni é frecuentemente entrevistada sobre temas pertencentes á súa poesía, como xénero e raza. Nunha entrevista titulada I am Black, Female, Polite, Peter Bailey preguntoulle sobre o papel do "xénero" e da "raza" nos seus poemas, e máis especificamente no poema Nikki-Rosa, cuestionando se esa presenza está influenciada polas súas propias influencias de infancia e das súas experiencias na súa comunidade.[10] En resposta, a poeta enfatizou que non lle gusta entender o tropo da familia afronorteamericana como unha traxedia, e que Nikki-Rosa reflicte as experiencias que ela vivenciou na súa comunidade, principalmente no que é relativo á cultura popular negra, mais tamén problemas como o alcolismo, a violencia doméstica, ou non ter un baño na casa.[10]
Masacre de Virginia Tech
[editar | editar a fonte]Seung-Hui Cho, o spree killer que asasinou 32 persoas o 16 de abril de 2007 no Masacre de Virginia Tech, era alumno de Nikki Giovanni. Describíndoo como "mao" e "ameazador", chegou a entrar en contacto co departamento universitario para retirar Cho dunha das súas clases, considerando pedir a dimisión a continuar téndoo en sala. Giovanni relata que así que ouviu os tiros no campus sospeitou inmediatamente que poderían estar partindo de Cho.[11]
Giovanni foi convidada polo reitor da Virginia Tech para pechar a cerimonia en memoria das vítimas do atentado cun discurso o 17 de abril de 2007. O seu discurso en forma de poema xerou grande conmoción e sentido de unión, sendo aclamado por unha demorada salva de palmas.[12]
Traballos literarios
[editar | editar a fonte]Coleccións poéticas
[editar | editar a fonte]- Black Feeling, Black Talk (1967)
- Black Judgement (1968)
- Re: Creation (1970)
- Black Feeling, Black Talk/ Black Judgement (contendo Black Feeling, Black Talk, e Black Judgement (1970)
- My House (1972)
- The Women and The Men (1975)
- Cotton Candy on a Rainy Day (1978)
- Woman (1978)
- Those Who Ride The Night Winds (1983)
- Knoxville, Tennessee (1994)
- The Selected Poems of Nikki Giovanni (1996)
- Love Poems (1997)
- Blues: For All the Changes (1999)
- Quilting the Black-Eyed Pea: Poems and Not Quite Poems (2002)
- The Prosaic Soul of Nikki Giovanni (2003)
- The Collected Poetry of Nikki Giovanni: 1968-1998 (2003)
- Acolytes (2007)
- Bicycles: Love Poems (2009)
- 100 Best African American Poems (2010)
- Chasing Utopia: A Hybrid (2013)
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]- Spin a Soft Black Song (1971)
- Ego-Tripping and Other Poems For Young People (1973)
- Vacation Time: Poems for Children (1980)
- The Genie in The Jar (1996)
- The Sun Is So Quiet (1996)
- The Girls in the Circle (Just for You!) (2004)
- Rosa* (2005)
- Poetry Speaks to Children: A Celebration of Poetry with a Beat (2005)
- Lincoln and Douglass: An American Friendship (2008)
- Hip Hop Speaks to Children: A Celebration of Poetry with a Beat (2008)
- The Grasshopper's Song: An Aesop's Fable (2008)
Discografía
[editar | editar a fonte]- Truth Is On Its Way (Right On Records, 1976)
- The Reason I Like Chocolate (Folkways Records, 1976)
- Legacies: The Poetry of Nikki Giovanni (Folkways Records, 1976)
- Cotton Candy on a Rainy Day (Folkways Records, 1978)
- Nikki Giovanni and the New York Community Choir* (Collectibles, 1993)
- Every Tone A Testimony (Smithsonian Folkways, 2001)
Outros
[editar | editar a fonte]- Night Comes Softly: An Anthology of Black Female Voices (1970)
- Gemini: An Extended Autobiographical Statement en My First Twenty-five Years of Being a Black Poet (1971)
- A Dialogue with James Baldwin (1973)
- A Poetic Equation: Conversations between Nikki Giovanni and Margaret Walker (1974)
- Sacred Cows ... and Other Edibles (1988)
- Appalachian Elders: A Warm Hearth Sampler (1991)
- The Abandoned Baobob: The Autobiography of a Woman (1991)
- Racism 101 (1994)
- Grand Mothers: Poems, Reminiscences, and Short Stories about the Keepers of Our Traditions (1994)
- Shimmy Shimmy Shimmy Like My Sister Kate: Looking at the Harlem Renaissance through Poems (1995)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nikki Giovanni". Biography (en inglés). Consultado o 2018-03-10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Page, Yolanda Williams (2007). Encyclopedia of African American Women Writers. West Port CT: Greenwood press. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ "Nikki Giovanni | Entries | Tennessee Encyclopedia". tennesseeencyclopedia.net (en inglés). Consultado o 2018-03-10.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Nikki Giovanni". Poetry Foundation (en inglés). Poetry Foundation. 2018-03-09. Consultado o 2018-03-10.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Giovanni, Nikki. "Chronology". Nikki Giovanni. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2019. Consultado o 2018-03-10.
- ↑ "Nikki Giovanni facts, information, pictures | Encyclopedia.com articles about Nikki Giovanni". www.encyclopedia.com (en inglés). Consultado o 2018-03-10.
- ↑ "Virginia Tech's Nikki Giovanni Nominated for Spoken Word GRAMMY" (en inglés).
- ↑ 8,0 8,1 8,2 1947-, Clarke, Cheryl, (2005). "After Mecca" : women poets and the Black Arts Movement. New Brunswick, N.J.: Rutgers University Press. ISBN 0813534054. OCLC 54906915.
- ↑ "Love Poems". www.goodreads.com. Consultado o 2018-03-10.
- ↑ 10,0 10,1 Bailey, Peter (1972). Conversations with Nikki Giovanni. Mississipe: Ebony Magazine. pp. 49–56.
- ↑ "Nikki Giovanni". sites.psu.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2019. Consultado o 2018-03-10.
- ↑ Bowers, Matthew. "Virginia Tech professor Nikki Giovanni reflects on tragedy". Virginian-Pilot (en inglés).