Nieus Luzía Dueso Lascorz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1930 Plan, España |
Morte | 4 de marzo de 2010 (79 anos) Barbastro, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Nieus Luzía Dueso Lascorz, nada en Plan en 1930 e finada en Barbastro o 4 de marzo de 2010[1][2], foi unha escritora do Bal de Chistau, en Aragón, que desenvolveu a súa produción literaria en lingua aragonesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De entre a obra poética de Nieus Luzía Dueso destaca Al canto'l Zinqueta (1980), colección de poemas ambientados no seu val natal. Pero, a parte máis significativa da súa produción literaria encóntrase na recompilación e recreación narrativa de lendas populares do Val de Xistaín, patente en Leyendas de l'Alto Aragón, en La Fuen de la Siñora e nas súas máis recentes obras, Dios m'en guarde! (2007), Santamaría (2007) e Purnetas de luz (obras esterlas) (2020).
Nieus foi galardoada en 1982 cun Onso d'oro no Primeiro Certame Literario Val d'Echo pola súa obra Leyenda del siñó de San Chuan.
Publicou numerosos artigos en revista como Argensola, Luenga e Fablas e Fuellas, relacionados sobre todo con contos e lendas das tradición oral do alto Aragón, así como tamén novelas curtas como Marieta (1991).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en castelán)"Fallece la escritora chistavina Nieus Lucía Dueso Lascorz" Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine., artigo en Diario del Alto Aragón, 6 de marzo de 2010 (consultado o 6 de marzo de 2010)
- ↑ (en castelán) Adiós a la escritoria chistabina Luzía Dueso Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine., en o Diario del Alto Aragón, 8 de marzo de 2010 (consultado o 8 de marzo de 2010)