Nemes
Aparencia
O nemes era unha especie de toucado de tea, unha vestimenta que utilizaban frecuentemente os faraóns exipcios en substitución das pesadas e voluminosas coroas, posto que a diferenza destas o nemes era unha peza lixeira e cómoda, que cubría a totalidade da cabeza, caendo verticalmente por tras das orellas, amarrándose cun nó preto da caluga, a modo de trenza. Segundo os textos, era de cor branca adornado con bandas tinguidas en azul.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina dedicada ao nemes Arquivado 01 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en francés)