Saltar ao contido

Nasrala Pedro Sufair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaReverendísimo Editar o valor en Wikidata
Nasrala Pedro Sufair

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) نصر الله بُطرس صفير Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1920 Editar o valor en Wikidata
Raifun, Líbano Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Beirut, Líbano Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
76º Patriarca de Antioquía dos Maronitas
19 de abril de 1986 – 15 de marzo de 2011
← Antonio III Pedro KhuraixBixara Pedro al-Rai →
Bispo titular
23 de xuño de 1961 –
Diocese: Tarsus dei Maroniti (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica maronita Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade San Xosé - teoloxía cristiá (–1950) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1961–), sacerdote católico (1950–), profesor universitario Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPaulo II Pedro al-Mauxi Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Nasrala Pedro Sufair[1] (en árabe: نصر الله بطرس صفير, "Naṣrallah Buṭrus Ṣufayr"), nado en Raifun (Líbano) o 15 de maio de 1920 e finado o 12 de maio de 2019, foi o 76º Patriarca de Antioquía e de todo Levante da Igrexa católica maronita e bispo da Xubah-Sarba-Xuniah dende o 19 de abril de 1986 até o 26 de febreiro de 2011, permanecendo como patriarca emérito dende entón até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e sacerdocio

[editar | editar a fonte]

Nasrala Sufair naceu en Raifun (eparquía de Sarba), no distrito de Kasaruan da gobernación do Monte Líbano, o 15 de maio de 1920.[2] Estudou entre 1933 e 1936 na escola Mar Abda de Harharaya. Posteriormente cursou os estudos secundarios no seminario de San Marón de Rasir, e posteriormente estudou no seminario maior de Beirut entre 1940 e 1943.

Estudou Filosofía e Teoloxía na Facultade de Teoloxía da Universidade San Xosé de Beirut entre 1944 e 1950. O 7 de maio de 1950 foi ordenado sacerdote, e foi nomeado cura da parroquia de Raifun e secretario da arquieparquía de Damasco, cargo que mantivo até 1956, cando pasou a ser secretario do patriarcado maronita. Entre 1956 e 1961, ademais de secretario do patriarcado, foi profesor de tradución e filosofía na Escola Maronita dos Irmáns Maristas de Xuniah.

Episcopado

[editar | editar a fonte]

O 19 de xuño de 1961 foi elixido bispo auxiliar de Antioquía, sendo confirmado o 23 de xuño, e recibindo o título de bispo titular de Tarso dos Maronitas. A súa elección foi confirmada polo papa Xoán XXIII o 23 de xuño de 1961. Recibiu a consagración episcopal o 16 de xullo de mans do patriarca de Antioquía Paulo II Pedro al-Mauxi.

No seu papel episcopal participou no Concilio Vaticano Segundo, e foi tamén posteriormente conselleiro espiritual da Soberana Orde de Malta.

Patriarcado

[editar | editar a fonte]

O 19 de abril de 1986 foi elixido Patriarca de Antioquía. O 7 de maio de 1986 o papa Xoán Paulo II concedeulle a "comuñón eclesiástica":

Ao mesmo tempo que dirixo á Vosa Beatitude os meus calorosos parabéns, acollo con gozo a súa petición de comuñón eclesiástica. Deséxolle que poida agora cumprir con todos os actos inherentes ao seu cargo, esperando que lle sexa conferido o palio.
Xoán Paulo II,
Carta á Súa Beatitude Nasrala Pedro Sufair (1986).[3]

O mesmo papa Xoán Paulo II creouno cardeal o 26 de novembro de 1994. O 26 de febreiro de 2011, con máis de 90 anos, o papa Bieito XVI aceptou a súa renuncia á sé patriarcal. Finou o 12 de maio de 2019.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Ten sido nomeado doutor honoris causa por varias institucións académicas, amosadas a continuación en orde cronolóxica:

  • وغابت وجوه: ١٩٦١-١٩٨٣ (Wa-ghābat wujūh, 1961-1983) [Rostros ausentes: 1961-1983]. 1984. 
  1. Tamén escrito Nasrallah Pierre Sfeir, Nasrallah Boutros Sfeir, Nasrallah Peter Sfeir, Nasrallah Boutros Sufayr, Nasrallah Butros Sfayr. O seu nome propio tamén aparece ás veces como Nasr Allah.
  2. Éditions Publitec, ed. (1999). Who's who in Lebanon. p. 261. 
  3. Xoán Paulo II (7 de maio de 1986). Libreria Editrice Vaticana, ed. "Lettre a Sa Béatitude Nasrallah Pierre Sfeir" (en francés). Consultado o 8 de outubro de 2014. En même temps que j’adresse à Votre Béatitude mes chaleureuses félicitations, j’accueille volontiers sa demande de communion ecclésiastique. Je désire aussi lui signifier qu’Elle peut dès maintenant accomplir tous les actes inhérents à sa charge, en attendant que lui soit conféré le Pallium 
  4. Universidade de Fordham, ed. (11 de marzo de 2005). "University to Award Honorary Degree to Cardinal Sfeir". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]