Narbasos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Os narbasos (latín: narbasi) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado dentro do convento xurídico bracarense. A súa situación actual é difícil de precisar, mais deberon ocupar a zona oriental dos Tras-os-Montes, Portugal.
Fontes
[editar | editar a fonte]As fontes acerca deles son escasas, pois só son citados por Tolomeo, Geographia, 6, 49, que nomea á par o Forum Narbasorum, como o seu centro. Na orde de citación seguida por Tolomeo, son indicados despois dos lubenos, citando, a continuación dos narbasos, un pobo xa celtibero: os vacceos.
Redución xeográfica
[editar | editar a fonte]O feito de que fosen citados antes dos vacceos, levou a unha boa parte dos historiadores (Contador de Argote, Manuel Murguía, Cortés López), a situalos no extremo oriental do Norte portugués, en boa medida nos arredores de Braganza. Só Jorge de Alarcão os sitúa nas proximidades da serra do Gerês (o Xurés dos galegos).
En Hidacio cítanse uns montes Nerbasos, posibelmente relacionados, onde libran combate suevos e vándalos asdingos, no ano 420, pero con datos imprecisos.
As fontes epigráficas, practicamente nulas, non axudan a mellorar as tentativas para localizalos mellor.