Motril
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Granada ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.632 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 109,77 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Altitude | 45 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Antón Abade ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Luisa María García Chamorro (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18600 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 18140 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | motril.es ![]() | ||||
![]() |
Motril é unha cidade española situada no extremo sur da provincia de Granada, cerca do mar Mediterráneo. Motril é a capital da comarca da Costa Granadina. Recibe os títulos de "Moi Nobre e Leal Cidade de Motril", que aparecen no escudo municipal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co municipio de Vélez de Benaudalla e Lújar, ao leste con Gualchos, ao oeste con Salobreña e ao sur Torrenueva Costa e co mar Mediterráneo. Está situado preto da desembocadura do río Guadalfeo.
Situado dominando a veiga do seu nome, na que o principal cultivo é o chirimoyo e o aguacate (tamén se produce manga, guayaba, plátano e outros froitos subtropicais) así como o cultivo en invernadoiro e a cana de azucre (aínda que o ano 2006 foi o último no que se procedeu á recolección e produción de azucre, habendo pechado a única fábrica azucreira que quedaba en España e no resto de Europa). É a saída ao mar da provincia de Granada. A súa posición xeográfica convértea nun centro industrial e comercial (fabricación de papel). O Porto de Motril é, á vez, porto comercial e de pesca. Tendo tamén un porto deportivo (Real Club Náutico de Motril) como porto de recreo.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 59.632 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal, Motril. O resto dos seus habitantes están agrupados en varios núcleos de poboación: El Varadero, Carchuna, Calahonda, Puntalón, Playa Granada, Las Ventillas, La Perla, La Garnatilla, Los Tablones e La Chucha.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Motril ![]() |