Saltar ao contido

Motacilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motacilla é un xénero de aves paseriformes, que é o tipo da familia dos motacílidos.

Estes paxaros son coñecidos popularmente en Galicia como lavandeiras,[1] e con nomes similares en numerosos idiomas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 184 da 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Volume 1 (10ª ed.) Holmiae: Laurentii Salvii.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Linneo tomou o nome científico Motacilla, do latín motacilla, "lavandeira".[3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Metacilla Gmelin, 1774
  • Mottacilla Gmelin, 1774

Segundo a Unión Ornitolóxica Internacional, en 2018 recoñecíanse as seguintes 13 especies:[4]

Imaxe Nome científico name Nome vulgar Distribución
Motacilla flava Lavandeira amarela occidental Europa temperada e Asia.
Motacilla tschutschensis Lavandeira amarela oriental Norteamérica (en Alasca), Asia e Australia.
Motacilla citreola Lavandeira citrina Sur de Asia.
Motacilla capensis Lavandeira do Cabo Sur de África (desde Uganda, o leste da República Democrática do Congo e Kenya, e a través de Zambia e Angola, até sur do Cabo Occidental até o Cabo de Boa Esperanza).
Motacilla flaviventris Lavandeira de Madagascar Madagascar.
Motacilla cinerea Lavandeira gris Europa occidental incluído as illas Británicas, Escandinavia e os países da rexión do Mediterráneo.
Motacilla clara Lavandeira de Montaña Desde Guinea e o sur de Etiopía até Suráfrica.
Motacilla alba, con polo menos 9 subespecies.
(polifilética ou parafilética)
Lavandeira branca
Lavandeira moura
Esta especie cría en toda Eurasia até as latitudes 75° N, estando só ausente no Ártico, nas áreas onde a isoterma de xullo é inferior a 4 °C.
Tamén cría nas montañas de Marrocos e no oeste de Alasca. Ocupa unha gran variedade de hábitats, pero está ausente nos desertos.[5]
Motacilla aguimp Lavandeira africana África subsahariana, desde o norte do cabo Oriental, polo sur, até, polo norte, ao extremo sur de Exipto, e polo oeste, desde Guinea até, polo leste, ao oeste de Eritrea e Somalia.
Motacilla samveasnae Lavandeira do Mekong Camboxa e Laos, e visitante non reprodutor en Tailandia e Vietnam.
Motacilla grandis Lavandeira xaponesa Xapón e Corea.
Motacilla maderaspatensis Lavandeira de cellas brancas India.
Motacilla bocagii (anteriormente Amaurocichla bocagii) Lavandeira de San Tomé San Tomé.

Notas taxonómicas

[editar | editar a fonte]

En principio, as lavandeiras parecen estar divididas nun grupo de ventre amarelo e outro de ventre branco, ou un coa parte superior da cabeza en negro, e o outro gris; mais tamén pode ser verde oliveira, amarelo, ou doutra cor. Con todo, estas non son as liñaxes evolutivas; a mudanza da cor do ventre e o aumento da melanina ocorreron independentemente varias veces nas lavandeiras, e os patróns de cor que indican as verdadeiras relacións son moi sutís.

O citocromo b do ADNmt e os datos da secuencia de ADN da subunidade proteínica 2 da NADH deshidroxenase (Voelker, 2002) é de uso limitado: confirma a sospeita de que existe unha superespecie dunhas 3 lavandeiras de ventre branco e gorxa negra. Ademais, existe outra superespecie na África subsahariana, tres especies de gorxa branca cunha liña negra no lombo. As cinco especies restantes teñen unha alta variabilidade morfolóxica e a súa relación entre si e cos outros dous clados non se explicou satisfactoriamente na actualidade.

A orixe do xénero parece estar preto da área xeral do leste de Siberia/Mongolia. As lavandeiras espalláronse axiña a través de Eurasia e dispersáronse por África no Zancleano (a principios do Plistoceno)[6] onde a liñaxe subsahariana logo illouse. A lavandeira africana (e posiblemente a do Mekong) diverxeron antes da radiación masiva das formas de ventre branco e gorxa negra, e a maioría das formas de ventre amarelo, todas as cales aconteceron a finais do Piacenziano (a comezos do Plioceno tardío), fai aproximadamente 3 millóns de anos.

Tres especies son poli- ou parafiléticas no arranxo taxonómico actual, e algunha das dúas subespecies necesita ser reasignadas e/ou divididas en especies. A lavandeira boieira (tamén coñecida como a lavandeira amarela ou lavandeira de cabeza azul) foi, en especial, un pesadelo taxonómico con máis de doce subespecies aceptadas e moitas mais subespecies inválidas. As dúas especies "monocromáticas" restantes, a africana e a do Mekong, poden estar emparentadas, ou poden ser un exemplo de evolución converxente.

Características

[editar | editar a fonte]

As lavandeiras son delgadas e a miúdo coloridas. Son insectívoras que se alimentan do chan no campo aberto do Vello Mundo. Aniñan no chan, onde poñen até seis ovos pintados. Entre os seus comportamentos máis senlleiros está a sacudida case constante da súa cola, unha característica que lle deu ás aves o seu nome científico. A pesar do común do comportamento e das observacións do mesmo, as razóns polas que o fan enténdense moi pouco. Suxeriuse que pode obrigar á presa a revelar a súa localización, ou podería ser un sinal de submisión ante outras lavandeiras. Estudos recentes suxeriron que é un sinal de vixilancia[7] que pode axudar a desalentar depredadores potenciais.[8]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia existen 3 especies (unha con 2 subespecies) pertencentes ó xénero Motacilla. Delas, 2 pódense atopar en Galicia durante todo o ano (M. cinerea e M. alba alba), 1 é estival (M. flava) r 1 é invernante no país (M. alba yarrellii). Ademais outra é ocasional (M. citreola) [9]

Motacilla
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Motacilla flava
Lacépède, 1804
Lavandeira verdeal
LC
Motacilla cinerea
Lacépède, 1804
Lavandeira real
LC
Motacilla alba alba
Lesson, 1828
Lavandeira branca
LC
Motacilla alba yarrellii
Lacépède, 1804
Lavandeira moura
LC
  1. lavendeira, 2ª acep., no Dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 Motacilla Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 9 de decembro de 2021.
  3. motacilla no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2018): "Waxbills, parrotfinches, munias, whydahs, Olive Warbler, accentors, pipits". World Bird List. Versión 8.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 9 de decembro de 2021.
  5. Collins Bird Guide (Page 250) by Mullarney, Svensson, Zetterstrom, & Grant
  6. A data de Voelker (2002) de "fai 4,5 millóns de anos" é dubidosa. No canto de basearse en datos fortes, é un estimado baseado en valores medias que agora se sabe a miúdo están errados.
  7. Randler, Christoph (2006-05). "Is tail wagging in white wagtails, Motacilla alba, an honest signal of vigilance?". Animal Behaviour (en inglés) 71 (5): 1089–1093. doi:10.1016/j.anbehav.2005.07.026. 
  8. Hasson, Ou. (1991). "Pursuit-deterrent signals: communication between prey and predator". Trends in Ecology & Evolution, 6:325-329.
  9. Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Baía Edicións., ed. Guía das aves de Galicia. ISBN 84-87674-06-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]