Saltar ao contido

Monte Hacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Hacho
(es) Monte Hacho Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
EpónimoAtalaia de Barbaçote (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula de Almina Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaCeuta, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°53′49″N 5°17′12″O / 35.8969252, -5.2867421
CordilleiraRif Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude204 m Editar o valor en Wikidata
Fortaleza no Monte Hacho

O monte Hacho é unha montaña baixa que se encontra na cidade española de Ceuta. Está situado na costa mediterránea, no estreito de Xibraltar, fronte á pena do mesmo nome. Xunto coa Rocha de Xibraltar considérase unha das dúas Columnas de Hércules, identificándose co monte Abyla ou Abila. Non obstante outras interpretacións identifican Abyla co monte Musa (851 m), en Marrocos.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Na civilización clásica coñecíase como Mons Abila (Monte Abila ou Abyla).

Situación

[editar | editar a fonte]

O monte Hacho encóntrase na península de Almina e coroado pola Fortaleza de Hacho, que foi construída polos bizantinos, antes de ser agregado aos árabes, portugueses e españois. Hoxe en día é un cuartel do exército español. O monte Hacho tamén ten un convento, a ermida de San Antonio; preto del había un monumento, xa retirado, no lugar onde o ditador Francisco Franco se situou para ver a batalla do convoi da vitoria. Actualmente tamén se encontran as ruínas do monumento do Llano Amarillo que conmemora o inicio da Guerra Civil española no norte de África en 1936.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]