Mirosław Hermaszewski
Mirosław Hermaszewski, nado en Lipniki (Polonia) o 15 de setembro de 1941 e finado o 12 de decembro de 2022, foi o primeiro astronauta polaco. Formou parte da misión Soiuz 30.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hermaszewski graduouse en 1965 na Alta Escola de Aviación en Demblin, despois do cal sirveu na Forza Aérea de Polonia. En 1971 graduouse na Academia Militar Karol Sverchevski. En 1976 foi seleccionado como cosmonauta para o programa Interkosmos xunto con Zenon Jankowski. Voou ao espazo en 1978, na misión Soiuz 30, xunto co cosmonauta soviético Piotr Illiich Klimuk, acoplándose á estación Saliut 6 e pasando un total de 7,92 días no espazo. Despois de 1978 Hermaszewski continuou servindo na Forza Aérea. Entre 1981 e 1982 foi membro do Consello Militar para a Salvación Nacional. Faleceu o 12 de decembro de 2022, con 81 anos de edade.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Hermaszewski, Miroslaw 'Mirek'" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020.
- ↑ Elpais.cr, ed. (12 de decembro de 2022). "El primero y único cosmonauta de Polonia fallece a los 81 años" (en español). Consultado o 13 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mirosław Hermaszewski |